Burela, 28 de setembro de 2018. O Concello investirá 50.000 euros na reforma da instalación eléctrica do campo de fútbol de herba artificial da Marosa. Este foi un dos asuntos aprobados no pleno ordinario celebrado onte, así como a conta xeral de 2017 ou a solicitude á Deputación de Lugo para que asuma a xestión das multas cando estean xa en proceso executivo.
O alcalde, Alfredo Llano, relatou que “onte tivemos un pleno ordinario no que levábamos catro puntos. Un deles era a conta xeral do ano 2017, que foi aprobada por unanimidade loxicamente porque o único que había que facer era poñela en exposición pública e, como non houbo ningunha cuestión que preocupara ao respecto, aprobámola definitivamente”.
O rexedor explicou que “tamén aprobamos o proxecto de reforma da instalación eléctrica para iluminar o campo de fútbol de herba artificial da Marosa. Vamos acometer unha obra extraordinaria de iluminación, porque se van colocar máis focos cunha potencia lumínica grande e moi económico con respecto ao consumo, porque son todos con tecnoloxía LED. Vamos mellorar a iluminación dese campo porque é moi demandado, xa que alí practícase moito deporte e hai que buscar a maneira de favorecer que se vaia facer deporte a calquera hora e ao mesmo tempo que o consumo de enerxía sexa o menor posible. Polo tanto este investimento vai conxugar esas dúas cuestións: por un lado, favorecer que se vaia xogar a ese campo cunha iluminación perfecta; e, por outro, moito menos consumo. En total é un proxecto que custará uns 50.000 euros”.
Na sesión plenaria de onte “ademais acordamos enviar unha petición á Deputación, onde temos delegados os cobros dos impostos do IBI, IAE e de vehículos de tracción mecánica, para que agora asuma tamén a xestión de multas no proceso executivo. Isto facilitará o labor e simplificará moito o traballo no Concello, ademais de reducir os gastos”, apuntou o alcalde burelés.
O alcalde subliñou que “o que acordamos onte tamén foi recuperar un dereito dos traballadores do Concello burelés, para que cando estean de baixa temporal reciban o cen por cen do salario desde o 1º día, pois no ano 2012 o PP impuxo un sistema para que houbera menos gasto e eliminaron ese dereito que xa tíñamos no convenio colectivo. Unha vez aprobados os orzamentos xerais do Estado inmediatamente tivemos unha reunión da mesa de negociación, na cal se acordou por unanimidade recuperar este dereito e onte aprobámolo no pleno”.
Alfredo Llano referiuse á reprobación solicitada hai uns días polo grupo municipal do PP: “en canto á reprobación ao alcalde proposta polo PP, quedou totalmente diluída pola cantidade de cousas que se fixeron e loxicamente non se aprobou, porque iso era simplemente un pataleo do Partido Popular. O pleno durou tres horas, cando podería terse rematado en media hora. Pero o señor Barcia fixo unha actuación na cal non houbo propostas para mellorar o que realmente lles importa aos veciños de Burela”.
























Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



