Lugo 25 de setembro, 2018. O Grupo Provincial do PP consegue que o Goberno provincial estude baixar ao 0% os xuros recadados polos concellos en período voluntario, polo que a Corporación acordou deixar a proposta do PSOE sobre a mesa á espera de ter un estudo dos custos actualizados que permita levar a cabo a petición dos populares. En concreto a emenda refírese á modificación das bases terceira, décima, décimo primeira e décimo segunda das Bases que rexen a aceptación e asunción, por delegación expresa, de competencias en materia de xestión, inspección e recadación en relación a tributos, prezos públicos e outros ingresos de dereito público.
O deputado Demetrio Salgueiro agradeceu que se trouxera a proposta ao Pleno porque parte de moitos alcaldes “para que eses ingresos adicionais se cobren o antes posible e estamos de acordo no fondo e na ampliación do convenio”. “Agora ben, neste mandato é a quinta vez que veñen as bases ao pleno e quero facer memoria. A primeira vez tráese cando gobernaba o PP en xullo de 2015 para deixar como inembargable a vivenda habitual e o PSOE fixo unha emenda de substitución e solicitou o que pedimos hoxe, unha modificación para que o custo cero fora aplicado a todos os concellos e a Deputación non teña compensación pola xestión destes impostos. O PP carecía dese estudo e non se aceptou a demanda de substitución e o PSOE e o BNG votaron en contra. Logo unha segunda vez en setembro do 15 hai unha nova proposta do PP no Goberno con todos os informes favorables do servizo de recadación para propor o que pedía o PSOE en xullo, que era o custe cero”.
“O PSOE e o BNG emendáronse e votaron en contra desta proposta e cos informes a favor. A terceira foi en outubro de 2015 xa co PP na oposición e traemos a proposta do custe cero e foi votada en contra; e a cuarta en decembro de 2015 tamén o PSOE fai unha proposta igual que as do PP e o custo cero non chega, senón que baixa do 3 ao 1%. Naquel pleno o PSOE pedía o apoio a aquela proposta e un pouco de tempo en aras a lograr o custo cero que era o auténtico obxectivo cando a institución cambiou “a un goberno progresista”, tal e como eles mesmos dixeron.
“O custo cero non podía ser apoiado porque, tal e como defenderon, ían ter un custo engadido polo cambio de ubicación do servizo de recadación e a compra dun novo programa informático. Non aceptan a proposta do PP de custo cero pero facilitamos a aprobación porque supuña unha inxección para os concellos e confiamos na boa vontade e no compromiso de acabar o custo cero en breve espazo de tempo. Pasaron xa tres anos. E así chegamos ao día de hoxe. Supón unha mellora para todos os concellos e unha inxección directa para as arcas municipais”.
“Esa contía suporía unha inxección directa aos concellos e por iso presentamos esta emenda para mellorar a proposta que fai o Goberno. Baixar en período voluntario do 1% e deixalo no cero. Podíase manter no 75% en executiva porque o custo é superior para a Deputación, pero baixar do 1 ao cero % porque sería un custo asumible e os informes penso que seguen tendo validez e axudaría a todos os concellos da provincia”.
Recadación dos tributos municipais gratuíta
Os populares defenderon xa cando gobernaban que a xestión de tributos municipais por parte da Deputación de Lugo se ofrecese a custo cero. Así, durante o Goberno de Elena Candia os populares realizaron as xestións oportunas e contaban cos informes económicos e xurídicos favorables para garantir a xestión de recadación dos tributos municipais de xeito gratuíto.
Esta medida supón que a Deputación preste o servizo a custe cero para os municipios e non perciban o 1% do recadado en período voluntario, o que permite que os concellos teñan máis liquidez.
A prestación gratuíta do servizo, explican os populares, significaría un importante pulo para todos os concellos da provincia ao implicar unha inxección de liquidez que superaría o 1,6 millóns de euros e que posibilitaría aos concellos asumir as inversións necesarias para atender a todos os seus veciños e veciñas.



















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



