Ribadeo, 4 de setembro de 2018. O Partido Popular de Ribadeo critica ao goberno municipal por non dispoñer dos medios técnicos axeitados no Cine Teatro, o que ocasionou problemas importantes e impediu levar a cabo o acto do pregón das festas patronais como estaba previsto. O portavoz popular, Jesús López Penabad, felicita os festexos a ribadenses e visitantes e agradece o traballo da comisión organizadora.
“Desde o Partido Popular, nestes días de principios de setembro nos que estamos, queremos felicitar as festas patronais a todos os ribadenses e visitantes e agradecer á comisión de festas que, por segundo ano consecutivo, organiza as festas patronais de Ribadeo. Xa saben que a partir do ano pasado volveron ao enclave orixinal e este ano volven a ese lugar. Quero agradecer o seu traballo e o esforzo que realizan para sacar adiante estas festas, porque moitas veces, eles mesmos o din, é ingrato andar polas casas pedindo, supoño que haberá un pouco de todo, pero hai que agradecerlles publicamente ese esforzo”, manifestou o voceiro do PP ribadense.
Jesús López Penabad comentou tamén que “con respecto ao acto do pregón hai asuntos que preguntarlle a Alcaldía. Hai darlle os parabéns polo pregón ao pregoeiro e hai que agradecer á Coral Polifónica de Ribadeo o seu bo traballo e profesionalidade, aínda que non son profesionais, para saber saír de problemas, como os que se ocasionaron o día do pregón. Pero parécenos lamentable por parte do Concello, que é o que está utilizando o Cine Teatro na maioría dos casos aínda que sabemos que é da Sociedad Filantrópico Dramática de Ribadeo pero teñen un convenio co Concello para a súa utilización, que teñan os medios técnicos que hai. O outro día pasou o que tiña que pasar; eu non son entendido na materia pero con aquela maraña de cables que había estragouse todo e non se puido rematar o acto como estaba previsto”.
Para o portavoz dos populares en Ribadeo “aquí non hai escusas nin se trata de botarlle a culpa a ninguén, porque non podemos depender dunha soa persoa para que as cousas funcionen. Aquí o que ten que haber é un equipamento en condicións para poder realizar calquera evento no Cine Teatro, ou noutro lugar, pero neste caso no Cine Teatro, que é o que nos ocupa. É o local céntrico por excelencia, onde se celebran concertos da Banda, da Coral e outra serie de eventos nos que son necesarios uns medios decentes, uns medios do século XXI, porque estamos no 2018, que funcionen ben para poder levar a cabo calquera actuación que alí se poida realizar. Pero que vemos alí son equipos antigos e unha maraña de cables, co que non é fácil facerlles funcionar axeitadamente. Quero agradecer o esforzo da traballadora municipal que naquel momento se encontrou co problema e fixo todo o que ela puido, o que estaba na súa man, pero evidentemente con estas armas pouco se podía facer. Pareceunos lamentable e creo que non hai escusas por parte do Concello, que é o que ten que poñer os medios para que estas actuacións poidan chegar a bo fin”.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



