Viveiro, 26 de setembro de 2018. O PP de Viveiro non pode máis que alegrarse porque despois de 20 anos, dende que naquel pleno de decembro de 1998, e a instancias do noso grupo , o entonces alcalde César Aja anunciase o inicio dos trámites para que Costas desafectase o solar onde parece que por fin se vai ubicar o novo edificio do Caiss en Viveiro.
Ben é certo que dende a entrada no 2003 do PSOE no goberno municipal de Viveiro, todo foron atrancos para a construcción do citado edificio, atrancos que motivaron que este sin facer ata a data de hoxe. Decimos isto porque os socialistas pretendían adicar este espacio para unha futura comisaría da Policía Autonómica e que o Caiis se instalase na conocida como Casa dos Maestros, ubicación esta que foi rechazada de plano pola Seguridade Social por non reunir as condición axeitadas.
Este empecinamento socialista motivou que o proxecto estivese paralizado ata que baixo o goberno do PP en Madrid, no ano 2015, o Secretario de estado da Seguridade Social confirmaba ó Concello de Viveiro a existencia dunha partida económica para facer realidade este proxecto. Posteriormente en xaneiro do 2018 o INSS adxudicaba a redacción do proxecto e a dirección de obra a unha empresa de cidade Real e o 30 dese mesmo mes, contrataba un estudio geotécnico previo sobre as característica do terreo onde irá o edificio.
En xullo de 2018, o BOE publicaba a resolución da Dirección provincial do INSS de Lugo anunciando a licitación da redacción do proxecto para a construcción do edificio, ahora baixo o goberno do PPSOE en Madrid, pero todas estas actuacións se levan a cabo gracias as partidas contempladas nos Presupostos Xerais do Estado do 2018, aprobados polo PP e que contaron co voto en contra do PSOE.
Como non podía ser doutro xeito, o Concello ben de adxudicar a licencia de obra hai uns días.
Visto este relato dos feitos, non deixa de sorprendernos que a Sra. Alcaldesa presuma de levar feito moitas xestións ó respecto, polo que sería interesante ver cantas realizou, aínda que temos a impresión de que estamos ante o de sempre, adueñarse do traballo doutros para vendelo como propio, e por enriba dando a sensación de que ten feito un gran esforzo, cando a realidade e ben disitinta.
Esperamos pois que satisfaga a nosa curiosidade e pronto nos de a coñecer ese “amplio traballo municipal levado a cabo”, porque moito nos tememos que unha vez máis está tentando facer o que mellor se lle da, vender fume.
Antonio J. Bouza Rodil
Voceiro PP de Viveiro