Viveiro, 7 de setembro de 2018. Dende o PP de Viveiro non alcanzamos a entender porque un ano máis, o Concello de Viveiro non solicitou os obradoiros de emprego deste 2018, nin os normais nin os de Garantía Xuvenil – dirixidos a menores de 30 anos -.
Xa é un sinal de identidade da súa deixadez e inoperancia que non o fagan, asi non os pediron nin no 2015, nin no 2017, mentres que no 2016 enviaron mal a documentación e non foron capaces de subsanala no tempo que se lles deu ós efectos, polo que a súa petición decaeu.
Resulta incomprensible que o Concello de Viveiro non solicite estes obradoiros de emprego, xa que a Xunta atendeu o 100% das solicitudes formuladas polas administración locais e asi a totalidade de concellos veciños da Mariña, en concreto 14, terán seis obradoiros que permitirán a contratación de 140 persoas – 116 alumnos e 24 persoas para levar adiante estes proxectos -. Algún coma Ribadeo, mesmo contará con dous o contar cun obradorio de Garantía Xuvenil.
Estes obradoiros resultan moi interesantes porque os participantes poden combinar un contrato de formación e aprendizaxe durante 9 meses cun contrato adicional de polo menos tres meses máis nunha empresa emprazada no ámbito territorial do obradoiro e cunha actividade vinculada ás materias deste.
Viveiro perde unha vez máis unha ocasión magnífica para potenciar o emprego no noso concello, e darlle a oportunidade a unhas 20 persoas de formarse e desenvolver un traballo efectivo, xa que as persoas beneficiarias dos mesmos disporán dun contrato de traballo e percibirán un salario durante a súa participación no obradoiro.
O certo é que unha vez máis se demostra a inacción e a falta de compromiso da Sra. Loureiro cos seus veciños e co seu programa electoral co que concurriu ás eleccións municpais de 2015, onde sinalaba no apartado de emprego como “obxectivo prioritario a creación de emprego, tanto na xuventude como en veciños de mediana idade”.
A vista dos feitos e como se pode comprobar, tres anos despois so é papel mollado, palabras ocas, dado que os feitos amosan outra realidade ben distinta, a ausencia total de compromiso por potenciar medidas que xeren emprego no noso concello, e non será polas veces que dende o noso grupo llo temos dito.



















Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



