Lugo 25, setembro, 2018. O Grupo Provincial do PP votou hoxe en contra da proposta do BNG na que pedían a disolución de Suplusa “por responsabilidade”. Os populares denuncian que a Deputación de Lugo xudicializa a continuidade de Suplusa porque non sabe defender os seus plans nos órganos nos que ten competencias en alusión á demanda presentada polo PSOE o pasado mes de xullo para disolución da entidade. Engaden ademais que os prazos de extinción da Fundación TIC demostran con claridade a imposibilidade de facer o mesmo coa sociedade urbanística no presente mandato.
O deputado Carlos Armesto explicou que Suplusa é unha entidade mercantil da Deputación con 15 anos de historia, que nace para crear moito solo industrial e actualmente hai demanda de parcelas. “Suplusa significa postos de traballo e detrás hai familias, persoas, traballadores, concellos con convenios que esperan executar esas obras”, precisou.
“Paréceme caótico que en 2015 o PSOE de présa e correndo convocara as prazas para o persoal das residencias e 3 anos despois non saben qué facer con elas. Hai que ser serio. Tivo unha utilidade bestial e usárona todos os gobernos porque o BNG estivo no goberno e usaron Suplusa para o seu beneficio, para coller e meter traballadores para dentro e agora como non poden estar teñen unha irresponsabilidade tremenda”.
O popular denunciou que os nacionalistas abandonaran o consello de administración de Suplusa “porque é unha irresponsabilidade”. “Serviu para moito Suplusa e funcionaba moi ben pero cando perdemos o control armamos unha guerra entre nós primeiro entre Martínez e o PSOE e agora co BNG e Suplusa xa non interesa. Hai que ser serios. Un día tiñan unha moción de urxencia o PSOE para acabar con ela e agora o BNG con outra. Se queren realmente o PP estamos dispostos a falar de todo, pero non de forma sucia e torticera xudicializando a vida desta institución e ir ao xulgado cunha demanda que terán que explicar. Se non queren que sexa medio propio traian unha proposta de goberno e dígannos con informes xurídicos que os traballadores poden ser readmitidos e non haberá problema, nin para os propios nin os seleccionados porque hai informes que din todo o contrario”.
“Se queren falar en serio teñen que retirar a demanda e traer unha proposta de goberno con informes xurídicos e agora mesmo o PP non vai entrar nese xogo. Queren que perdamos tempo e cartos cunha moción desas que non cumpre e acordar disolver Suplusa cando ao mellor o acordo tamén é recorrido no xulgado. Haberá entón que esperar ao que diga o xulgado”, engadiu.
Desde o PP amosaron tamén a súa sorpresa ante a proposta do BNG para que se cree outra sociedade. “Gastar cartos e xerar tensión aos traballadores, empresas e concellos que esperan por convenios para crear outro ente? Que o queren controlar vostedes? Se non están no consello de administración é porque renunciaron á súa obriga. Cando non lle gustan as regras do partido non xogan. O tema é serio. O control de Suplusa pola Deputación é do 100%. O plenario é o mesmo e o consello de administración noméao e destitúe este pleno, polo tanto non nos vale que non hai control”.
Retirada da demanda
“Retiren esa demanda e traian unha proposta fundamentada. E a partir de aí poderemos falar”, esgrimiu o deputado do PP.
Armesto defendeu que Suplusa é moi útil e que o único que cambiou é o presidente, que curiosamente contou co voto a favor do PSOE. Cambiou que están nun goberno en minoría e que xa non teñen a un presidente amigo. O obxectivo social é o mesmo, a encomenda de xestión, a mesma.
En canto ao PSOE, desde o PP pídenlle ao Goberno Provincial que explique “se nos informes que teñen no seu poder e non fan públicos se garante que os traballadores van poder ser transferidos á Deputación sen problema? A partir de aí os problema políticos arránxenos, a provincia necesita un goberno e nós estaremos nesa liña”.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



