Alfoz 7, setembro, 2018. O PP de Alfoz lamenta profundamente o “desinterese” do Goberno local pola situación das persoas do municipio que se atopan no paro. Os populares censuran así que o Concello non tivese solicitado á Xunta un obradoiro de emprego e, polo tanto, “perdese a oportunidade de ofrecer formación e un contrato laboral durante como mínimo 9 meses a persoas en situación de desemprego, desaproveitando un programa promovido pola Xunta e que este ano concedeu o 100% dos obradoiros solicitados”.
O Partido Popular local cre que “isto supón unha decepción para os posibles beneficiarios destes programas”. No caso do Concello de Alfoz, segundo explican os populares, “poderíase ter cursado unha solicitude conxunta con outros dous concellos limítrofes que beneficiaría a unha vintena de persoas no paro”; xa que “as únicas condicións establecidas na convocatoria son as de que o Concello conte cun total de persoas desempregadas superior ás 500 ou que se asocien tres concellos limítrofes para a súa solicitude”.
Os populares de Alfoz consideran que “é moi grave que unha entidade local perda unha axuda da Xunta polo simple feito de non tela solicitado cando é a administración autonómica a que sufraga integramente o custe deste tipo de programas”.
Explicacións aos veciños
Dende o PP de Alfoz inciden no “prexuízo” que supón para as persoas no paro esta falta de interese do Goberno local polas políticas de emprego e cren que “o alcalde debería dar explicacións aos veciños e veciñas”.
Igualmente, o Partido Popular local recorda que “tamén se perdeu unha oportunidade para mellorar distintos espazos ou servizos municipais

















Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



