Lugo, 30 de outubro de 2018. O Pleno da Deputación de Lugo vén de aprobar por unanimidade a declaración institucional que propuxo o Presidente, Darío Campos Conde, para a Regularización da Educación Social en Galicia, a través dunha Lei Galega do Dereito á Educación Social, así como, que dende o Goberno de España se desenvolva unha Lei de Regularización do dereito á Educación Social, a nivel estatal.
A declaración institucional é a seguinte:
A profesión de Educador/a Social adquire rango universitario en 1991, coa publicación do Real Decreto 1420/1991, que xorde despois dunha ampla mobilización social reivindicativa do papel relevante deste perfil profesional en desenvolvemento das políticas sociais e educativas.
A figura da Educadora e do Educador Social en Galicia e en España é froito da combinación de tres históricas ocupacións: as educadoras e educadores especializadas/os, as animadoras e animadores socioculturais e as educadoras e educadores de persoas adultas, todas elas diferentes pero converxentes, na medida en que a súa actividade profesional se move nos campos da inadaptación, da alfabetización, da exclusión, da marxinación social, da integración, da capacitación profesional, do desenvolvemento comunitario, etc.
Esta figura profesional foi ampliando a súa cobertura de acción, asumindo unha amplitude de funcións que evolucionaron e matizáronse nas últimas décadas co fin de construír unha identidade profesional da Educación Social. A súa rápida expansión é o reflexo do carácter dinámico, socializador e de transformación social da figura da Educadora e do Educador Social.
O Ministerio de Educación e Ciencia incorpora de maneira oficial a titulación de Educación Social tras a aprobación de Real Decreto 1420/1991, de 30 de agosto, polo cal se establece o Título Universitario Oficial de Diplomatura en Educación Social, proporcionando de esta maneira a formación profesional básica ás/aos futuras/os profesionais, a través da adquisición de capacidades, funcións e competencias adaptadas ao seu perfil profesional e aos contextos sociais onde a Educación Social está chamada a actuar.
Como profesión de carácter pedagóxico que desenvolve a súa actividade nunha gran variedade de contextos sociais, entre os que está o educativo, desenvolveuse un amplo discurso, froito da rica experiencia das/os profesionais e a súa confluencia co mundo académico universitario, ao que debemos engadir, o desenvolvemento das estruturas de participación e regulación da profesión, con colexios profesionais de Educación Social en todas as Comunidades Autónomas (en Galicia dende o 2001), así como a creación do Consejo General de Colegios Oficiales de Educadoras y Educadores Sociales, no ano 2006.
A día de hoxe, o seu papel é fundamental no ámbito dos servizos sociais nun Estado Social e Democrático de Dereito xa que a súa intervención garante dereitos tan básicos para a cidadanía como son a igualdade e a xustiza social.
As/os profesionais da educación social traballan co obxectivo de axudar nun proceso de socialización que é clave para acadar unha sociedade máis equitativa, así como para conseguir o dereito ao desenvolvemento persoal que teñen as persoas destinatarias da súa intervención. Melloran competencias e aptitudes, promocionan a autonomía e independencia, preveñen e compensan déficits e inadaptacións sociais, favorecen e participación activa das persoas en grupos así como a creación to tecido social e asociativo, promoven o traballo comunitario… numerosas e indispensables funcións nunha intervención social sobre a base da educación e da aprendizaxe.
O seu papel no ámbito da xuventude, da cultura, da educación, e dos servizos sociais, é clave para completar o abanico de disciplinas que desde distintas perspectivas permiten unha intervención social integral, sobre todo en sectores clave como é o das/os menores e as familias.
Non obstante, pese a innegable contribución ao benestar social e ao recoñecemento da profesión como tal cuns estudos universitarios que a avalan e un colexio profesional que a representa, a falta de regularización da educación social fai que non estean claros os límites e o alcance da mesma, tanto nas entidades públicas, nas entidades privadas como no terceiro sector. Este descoñecemento implica que con frecuencia se asignen a outras/os profesionais do ámbito social, funcións propias das educadoras e educadores sociais.
Estas circunstancias poñen de manifesto a necesidade dunha regulación da profesión da Educación Social como instrumento que visibilice, dignifique e reivindique o seu papel como axente de cambio na nosa sociedade.
O colectivo de educadoras e educadores sociais, así como outras cidadás e cidadáns, teñen presentado multitude de solicitudes de petición de regularización da profesión e do dereito á Educación Social a través dunha lei. Moitas entidades e institucións manifestaron tamén o seu apoio a esta iniciativa.
Por todo isto a Deputación Provincial de Lugo
DECLARA
A necesidade de que dende a Xunta de Galicia se proceda á Regularización da Educación Social en Galicia a través dunha Lei Galega do Dereito á Educación Social, así como, que dende o Goberno de España se desenvolva unha Lei de Regularización do dereito á Educación Social, a nivel estatal.



















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



