Compostela, 30 de outubro de 2018.- A Mesa pola Normalización Lingüística presentou esta mañá en rolda de prensa o relatorio sobre a situación do galego que entregará o vindeiro 3 de novembro, en Dublín, ao director do Secretariado da Carta Europea das linguas rexionais ou minoritarias do Consello de Europa. A entrega formal terá lugar no marco da Asemblea xeral da Rede Europea para a Igualdade das Linguas (ELEN) antes do encontro que o Comité de expertos manterá a finais de ano con entidades sociais e organismos públicos para a avaliación da Carta e emitir o seu informe definitivo para o Consello de Ministros.
Desde a entidade de defensa da lingua adiantan que tanto o Estado como a Xunta incumpren as súas obrigas en todas as áreas nas que deben garantir a presenza normal do galego: educación, vida social e económica, xustiza, cultura, medios de comunicación ou relacións transfronteirizas, entre outras.
A Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias é un tratado internacional promovido polo Consello de Europa para garantir a normalidade das linguas minorizadas que o Estado español ratificou en 2001 no seu grao máximo. Segundo a Carta, o Estado ten que garantir o uso pleno do galego nos territorios onde é oficial ou está protexido polo estatuto en ámbitos como educación, xustiza, administración, relación sociais e económicas, cultura ou relacións transfronteirizas. Isto afecta a Galiza e as zonas de lingua galega de Castela e León.
En ocasións anteriores, os expertos europeos alertaron sobre as graves deficiencias na aplicación da Carta, nomeadamente no do ensino, o que motivou unha recomendación do propio Consello de Ministros sinalando que a introdución doutra lingua non podía servir de escusa para a eliminación da propia no ensino. Porén, nesta ocasión, o Estado remitiu ao Comité de Expertos un informe que manipula os datos e que mente, co fin de obter unha avaliación positiva. “O Estado mente ao Consello de Europa manipulando os datos oficiais”, asegurou Marcos Maceira. Ademais de ocultar o contido do mal chamado decreto de plurilingüísmo, cinguíndose a expor os aspectos xa contemplados no anterior, chega a afirmar que “a maior parte dos pais falan galego cos fillos”, que o descenso de galegofalantes “se produce, fundamentalmente, en nacidos antes de 1973” ou que o galego é a lingua máis empregada polo estudantado. Porén, tal e como sinala a Mesa no seu relatorio, recollendo datos do IGE, “en 2014 tiñamos a cifra máis alta de menores de 15 anos que aseguran non seren capaces de falar galego (20%)”. Neste sentido, o relatorio da Mesa emprega estatísticas oficiais, informes da propia Mesa e mais do Consello da Cultura e da RAG, así como informacións recollidas pola prensa que desmenten algunhas graves manipulación do Estado.
O contido do informe será exposto este fin de semana na Asemblea Xeral da Rede Europea para a igualdade das linguas (ELEN), entidade co status de entidade consultiva do Parlamento Europeo, do Consello de Europa, as Nacións Unidas e a UNESCO e que aglutina 150 entidades representativas de 45 linguas minorizadas de Europa en 23 estados europeos. Desde novembro de 2016 A Mesa exerce unha das Vicepresidencias de ELEN.
Algúns datos do informe
Ensino
– Segundo o último estudo IGE (2014) o 20% do alumnado que remata a ESO non sabe falar galego
– Mantense o decreto de plurilingüísmo a pesar das recomendacións do Comité de Expertos e do Consello de Ministro do Consello de Europa
– A aplicación da LOMCE impide cumprir os máximos para o galego do Decreto contra o galego da Xunta
– O ensino público non garante o ensino en galego como estabelece a Carta.
Xustiza
– Continúa sen haber garantías para o desenvolvemento da xustiza en galego: a xuíces, xuízas e fiscais non se lles require o coñecemento da lingua e a inexsitencia de galego nos programas infomáticos sobrecarga e provaca atrasos ao funcionariado e á cidadnía que opta polo galego.
Servizos públicos
– A administración do Estado e os servizos públicos externalizados encabezan os incumprimentos da Carta.
– A inexistencia de requisito de coñecemento do galego ao funcionariado impide a utilización do galego e fica á escolla do funcionariado.
– Evidénciase a inexistencia de formación de calidade.
– Nos concellos, sentenzas como a do TSXG sobre a ordenanza de uso do galego en Lugo supoñen unha regresión dos dereitos lingüísticos da cidadanía
Medios de comunicación
– Só a TVG garante unha presenza mínima do galego. Porén, é a única emisora pública do Estado que non conta cunha canle específica para a mocidade.
– Os medios en galego son os que menos axuda reciben polo uso do galego.
Servizos culturais
– Caída de publicación de libros en galego.
– Caída do investimento en dobraxe
– Dificultades para a distribución de cinema en galego
Vida económica e social
– Segundo o informe ao respecto elaborado pola Mesa pola Normalización Linguística, non opera neste momento en Galiza ningunha entidade bancaria que permita realizar todos os trámites en galego. No que ten a ver coa banca electrónica só chegan ao 40% as entidades que permiten operacións básicas neste idioma.
– En materia de recursos contractuais, a Xunta de Galiza atribuíu ao Tribunal Central de Recursos Contractuais as súas competencias. Xa que logo, todos os recursos especiais terán que ser redactados en castelán, o que só acontece no caso galego fronte ás outras linguas oficiais no Estado.
Intercambios transfronteirizos
– Os acordos institucionais que facilite ou favoreza os contactos entre Galiza e Portugal continúan a ser anecdóticos
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



