Viveiro, 17 de outubro de 2018.- A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de conceder apoios por máis de 153.000 euros a catro entidades asociativas do comercio da Mariña, segundo indicou hoxe o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.
En concreto, percibiron a achega máxima de 40.000 euros prevista no programa das axudas para a dinamización dos centros comerciais abertos a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo; a Asociación de Empresarios, Industriais e Comerciantes de Foz; e a Asociación do Centro Comercial do Casco Histórico de Viveiro. Pola súa banda, A Mariña Federación percibiu a través doutra liña de axudas 33.600 euros, que supón preto do 60% do investimento subvencionable presentado.
Balseiro mantivo hoxe unha xuntanza con varios responsables das entidades beneficiarias para valorar o desenvolvemento deste programa. Na reunión participaron José Carlos Paleo, presidente da Acia de Foz e da Federación Comarcal de Comercio; Dolores Pérez, representante da asociación centro Comercial do Casco Histórico de Viveiro; Francisco Irarte, presidente de ACISA Ribadeo, e o xerente desta entidade, Jesús Pérez Prada.
As axudas que veñen de concederse permitirán realizar diferentes campañas de dinamización, incorporar sistemas de fidelización ou realizar melloras na sinalización comercial externa.
En conxunto, as entidades mariñáns desenvolverán preto de medio centenar de accións co obxectivo de atraer clientela ao comercio de proximidade e mellorar os servizos que se ofrecen aos consumidores.
Balseiro sinalou que o respaldo ao asociacionismo comercial é unha das prioridades do Plan estratéxico de impulso ao Comercio de Galicia, que destina 70 millóns de euros ata 2020 a modernizar e incrementar a competitividade do comercio de proximidade galego, na procura de tres grandes retos: afianzar un sector comercial renovado, impulsar o smart commerce e o comercio electrónico, e potenciar o comercio excelente, traballando na dinamización e a mellora continua.
Neste sentido, este programa de achegas contribúe a construír un sector comercial máis competitivo e dinámico fomentandoa revitalización dos centros comerciais abertos e a súa adaptación ao contorno, creando espazos confortables e de lecer para realizar compras que xeren polos de atracción comercial nas cidades e vilas.




















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



