Ribadeo, 22 de outubro de 2018. Acisa Ribadeo organiza unha xornada sobre prevención de riscos laborais no pequeno comercio que se celebrará o vindeiro luns, 29 de outubro.
Esta actividade, organizada en colaboración coa Federación Galega de Comercio, leva por título Principais Riscos Laborais no Sector do Pequeno Comercio, e terá lugar no salón de actos do antigo edificio sindical, sito na avenida de Galicia 20-baixo, a partir das 17:00 horas.
A xornada é gratuíta. Para participar nela é necesario inscribirse chamando ao número de teléfono 982 120 565 ou enviando un correo electrónico a info@acisaribadeo.es no que se indicará nome e apelidos, entidade e cargo, teléfono de contacto e se é autónomo/a ou traballador/ra por conta allea.
A actividade enmárcase no proxecto Xornadas de Sensibilización en Prevención de Riscos Laborais no Pequeno Comercio que conta co financiamento da Xunta de Galicia. Con esta campaña preténdese sensibilizar en materia preventiva a empresarios e traballadores do pequeno comercio, previr riscos, adoptar pautas de acción seguras e saudables e diminuír a siniestralidade laboral, entre outros obxectivos.
