Lugo, 22 de outubro de 2018.- O pasado sábado, 20 de outubro, ADEGA celebrou con éxito a sétima edición da Limpeza Simultánea de Praias, unha actividade de voluntariado ambiental consistente na limpeza colectiva e reivindicativa en varias praias das tres provincias costeiras galegas. Ao tempo que se retiran parte dos residuos presentes nos areais, faise unha chamada de atención sobre a problemática do lixo mariño. Un ano máis, as delegacións de ADEGA en Lugo e na Mariña sumáronse a esta iniciativa, encargándose da coordinación da recollida manual de lixo na praia de Arealonga (concello de Barreiros), coa colaboración do Colectivo Cultural Ollomao.
A actividade desenvolveuse pola mañá, entre ás 12:00h e ás 14:30h, logo de que ADEGA explicase ás persoas participantes a importancia de reducir o consumo de plástico e o protocolo de actuación, e repartise o material preciso para a limpeza. Grazas ao esforzo de nove voluntarios/as, conseguíronse retirar 120 kg de refugallos que atentan contra a saúde dos ecosistemas costeiros, entre os que se atoparon numerosos plásticos de todo tipo, restos de cordas, redes, fío de nailon e outros obxectos de pesca, cabichas, lixo de hixiene persoal (especialmente, pauciños para os oídos), restos de calzado…
Chamou a atención a presenza no areal dunha enorme maraña de cordas, redes e fíos de nailon, na que se foi enredando todo tipo de lixo, especialmente material plástico. Tamén resultou chocante a aparición dunha alfombra, unha porción grande de feltro, similar á bandexa dun automóbil e ata unha bombona de osíxeno.
Esta actuación pretende dar visibilidade á problemática do lixo mariño e concienciar a cidadanía da importancia dunha axeitada xestión dos residuos e do consumo, podendo observar de primeira man a cantidade de refugallos que agochan as praias. Cada ano, uns 10 millóns de toneladas de lixo rematan nos océanos, na súa maioría procedentes da industria do mar, pero unha grande parte provén das achegas a través dos ríos, debido a unha mala xestión dos residuos en terra. Estes residuos vertidos no mar provocan graves consecuencias nos ecosistemas mariños, estimándose que máis de 1.000.000 de aves mariñas e 100.000 mamíferos e tartarugas morren cada ano, ao inxerir ou quedar enredados nos plásticos dos océanos. Ademais, poden afectar directamente á saúde humana, xa que moitos destes produtos conteñen substancias tóxicas, bioacumulativas e persistentes, que poden entrar na cadea alimentaria.
Desde ADEGA queremos agradecer a colaboración e solidariedade dos voluntarios e voluntarias que acudiron á nosa chamada de limpeza na praia de Arealonga e tamén o apoio do concello de Barreiros, encargado de proporcionar o material necesario para a retirada do lixo recollido.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



