Lugo, 19 de outubro de 2018.- Preguntado este venres sobre os anuncios publicados ao respecto do Presuposto da Xunta para 2019, o Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, salientou que “hai que ter cara para falar de orzamento en Lugo cando volven a prometer o de todos os anos e está sen facer”.
“Hai ser cara dura para falar de investimentos en Lugo cando non hai nin un só euro para proxectos como a intermodal, o Centro da Romanización en San Fernando, a Rolda Leste… Onde está no presuposto a residencia da terceira idade para Lugo?
“Hai que ser sen vergonza para falar de investimentos en Lugo e referirse aos 2,1 millóns de euros para o equipamento do auditorio. Estes cartos xa eran de todos os lucenses, non os trae a Xunta de Galicia. Démosllos ao eximilos do pago do IBE polo HULA e outros 4 centros públicos de titularidade autonómica. Perdoámoslle ata 3,6 millóns para ter tan sequera onde sentarnos. Faltan outros 1,5 millóns. Nin nos devolven o que é noso”, destacou o Santos.
“Hai que ter capacidade para non poñerse vermello cando non fixeron nin un só investimento claro na nosa provincia, pois nunca vimos máquina algunha traballando, por exemplo, na VAP da Mariña”
“Alguén vai a crer algo do que di o Partido Popular de Feijóo cando as súas dúas últimas accións administrativas para grandes investimentos en Lugo foron anular o procedemento para poder ter no barrio da Residencia un centro para emprendedores, un de formación e emprego e outro de biomasa (que prometeron publicamente a todos os veciños) en pleno debate da moción de censura ao Goberno Central; e anular o proxecto da intermodal durante a etapa de Rajoy? E todo isto, as agochadas.
Feitos constatables
“Poderán prometer e prometer, plaxiar discursos, falar de investimentos e ata comprometer cos servizos públicos. Pero os feitos son constatables. Todos os veciños podemos ver como o Partido Popular abandonou as nosas comunicacións e ata nos privou delas, ou como precarizou a nosa sanidade e educación pública. Quitounos liñas de transporte, médicos, profesores, servizos sanitarios dos nosos hospitais comarcais. Fixo que as listas de espera por unha consulta dun especialista supera o ano. Fixo que teñamos que desprazarnos ata 100 quilómetros ata para cambiar a pila dun marcapasos. Fixo que teñamos nenos de entre 8 e 12 anos en clases unificadas. Empeñouse en que non tivésemos Hemodinámica 24 horas…”
“Os feitos constátanse. Os veciños poden ver como o Partido Socialista no Goberno Provincial fixo que non haxa nin un só Concello que non teña investimentos millonarios da Deputación, no que non se xeraran novos postos de traballo, no que non se intensificase o Servizo de Axuda no Fogar para non dependentes e a Teleasistencia para non dependentes, os esquecidos pola Xunta grazas á súa Lei Servizos Sociais; no que non haxa quilómetros de estradas con aglomerado en quente….”
“Os socialistas podemos ir a calquera concello da nosa provincia e poñernos de exemplo, mostrando pola vía dos feitos o noso traballo a pesares de ter unha lexislatura moi complexa, unha oposición irresponsable e un goberno en minoría. Todos os anos priorizamos a aprobación do Orzamento da Deputación e aprobámolo. Conseguimos que a Deputación sexa o motor económico e social da provincia, pois os nosos veciños non reciben os fondos que lles corresponden por xustiza social por parte do PP na Xunta de Galicia”.
“Investimos máis de 100 millóns na execución de centos de obras que se poden ver nos 67 Concellos, facendo que a Deputación lidera a obra pública na provincia. Máis de 1.000 quilómetros en aglomerado son feitos. Investimos máis de 25 millóns en emprego, ofrecendo uns 1.500 postos de traballo aos nosos veciños, que estaban no paro e hoxe non. Tamén son feitos. Atendemos a uns 1.800 maiores que a Xunta deixou de atender co Servizo a Domicilio para non dependente que financiamos na súa totalidade. Máis feitos. E outros 1.500 veciños non dependentes coa Teleasistencia gratuíta da Deputación, un servizo que si poden ter aqueles maiores que non atende a Xunta co seu servizo de copago. Tamén son feitos”
“Creo que os nosos veciños ven os feitos e que non se van a deixar enganar pola promesas sempre incumpridas, por fantasías, carteis ou imaxes que son barullos do PP dun día porque despois cando toca facer, cando é necesaria calquera prestación pública, dende unha traída de auga, a mellora dun acceso, un plan de emprego ou un servizo social, aí só está o Goberno da Deputación dando resposta”.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



