Visitaron o barco museo Reina del Carmen, a cetárea Burela, a peixería O Almacén do Peixe e a nave de redes. Segundo as monitoras de Gaia “grazas a esta completa excursión puideron coñecer como é a vida do mar, as artes de pesca, o interior dun barco, as distintas especies de peixes e mariscos da zona e o oficio das redeiras”.