Lugo, 29 de outubro de 2018. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Presidente do Burela FS Pescados Rubén, Manuel Blanco Fanego, asinaron un convenio, por valor de 10.000 euros, para promover o deporte feminino na provincia de Lugo, a través do conxunto mariñán. Con esta achega, a Deputación contribúe a financiar os gastos derivados da tempada como desprazamentos, arbitraxes ou material de adestramento, permitindo ao club laranxa continuar co seu proxecto deportivo, na elite do fútbol sala nacional, sendo unha referencia en España.
Campos Conde subliñou que “o Burela FS é un exemplo non só no ámbito deportivo, senón tamén no social, pola súa férrea aposta pola igualdade a través do fútbol sala. Por iso, queremos estar ao seu carón, como unha institución que traballa neste mesmo sentido para conseguir unha sociedade cada vez máis xusta e inclusiva. As rapazas do club representan uns valores de superación e constancia cos que nos sentimos identificados e, por iso, é un orgullo poder colaborar con elas”.
O Presidente engadiu que “o club mariñán tense consolidado nos últimos anos como unha entidade de gran prestixio tanto polos seus resultados deportivos, como pola súa labor educativa, traballando dende a base ata os equipos profesionais na posta en marcha de iniciativas que potencien a igualdade no deporte. Mostra disto, é a aplicación dun novo convenio colectivo ás xogadoras do primeiro equipo”.
O Pescados Rubén-Burela FS é o primeiro club galego en lanzar na campaña 2018-19 o convenio colectivo de fútbol sala feminino, en favor da igualdade de xénero, partindo do acordo xa existente para o fútbol sala masculino, e axeitándoo á realidade e ás necesidades do deporte feminino. Entre as medidas destaca o feito de que se unha xogadora queda encinta, o club renovará o seu contrato por un ano automaticamente.


























As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
Villares gabou o traballo realizado e subliñou que “a implicación do tecido social e dos veciños e veciñas é clave para transmitir as tradicións que forman parte da nosa identidade e reforzar os vínculos da comunidade”. Na xornada principal deste xoves destacou a ofrenda floral na honra dos mariñeiros falecidos. O venres e o sábado celebraranse o Festival Folklórico Internacional e o Festival Folklórico Infantil respectivamente, organizados polo Grupo Mistura.
O Concello de Ribadeo atende así a petición realizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, que solicitou permisividade neste sentido aos 67 Concellos da provincia de Lugo. Ademais o Concello autorizou a instalación dunha pantalla na praza de Porcillán. A petición foi realizada pola Asociación Cultural Festas do Carme.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
