Ribadeo, 19 de outubro de 2018. O Concello realiza unha nova recollida de cartón nos 80 contedores que hai repartidos pola vila e polas parroquias. Segundo explica o concelleiro de Limpeza Viaria e Xestión de Residuos, Jorge Díaz Freije, “levamos nunha situación excepcional desde hai semanas, despois de que a empresa Soil Recovery deixara de prestar este servizo a principios do pasado mes de setembro. Estamos agardando a resolver definitivamente o contrato con esa empresa para tentar que todo volva á normalidade”.
O edil lembrou que “esta firma era a encargada da recollida do lixo dos contedores amarelos, do cartón tanto dos contedores como porta a porta e tamén levaba o punto limpo”.
Díaz Freije indicou que “o Concello tivo que contratar a outra firma para facer recollidas nos contedores amarelos de xeito excepcional e agora está a realizar o mesmo co cartón. Esta vai ser a segunda vez que temos que recollelo, desde que nos atopamos nesta situación, que agardamos reconducir o antes posible. A burocracia e os seus trámites deben seguir uns pasos e niso estamos no Concello de Ribadeo”.
O concelleiro de Limpeza Viaria e Xestión de Residuos agarda que “o antes posible Ribadeo poida ofrecer a mellor imaxe posible”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



