Lugo 22 de outubro, 2018. O Grupo Provincial do PP acusa ao Goberno de Campos de querer que non se cumpran os acordos do Pleno e non se faga exercicio da democracia “recorrendo incluso a trampas”. Os populares abstivéronse na votación sobre o recurso contencioso interposto polos socialistas ao regulamento orgánico ao entender que o Goberno provincial da a elixir “entre o malo e o peor”.
Os populares aclaran que foi o Goberno de Darío Campos con mala fe e intencionadamente quen non publicou o regulamento para intentar invalidalo e agora advertindo das súas irregularidades volven traelo ao Pleno para convalidar o acto. “Non o publican e din que foi un erro e seis deputados do PSOE presentan un contencioso que asina o propio presidente da Deputación”, precisan.
O deputado José Antonio García explicou que “botamos de menos que o presidente se desculpara polo erro na tramitación, ou porque se equivocou ou porque sexa unha estratexia. Cando cheguen as sentencias deste pleito que lideran os socialistas porá recursos interposto polo señor Álvaro Santos e outros contra Darío Campos e outros. Iso é unha trampa. Este funcionamento é tramposo e denigran á institución e rebaixan tanto a súa imaxe coas súas loitas de poder que somos o faime rir de todos”.
Un exercicio de hipocrisía e cinismo
O Grupo Provincial do PP amosouse abraiado porque a proposta do PSOE “é un exercicio de hipocrisía e cinismo e un dislate a unha chapuza feita polo PSOE que trae consigo dúas opcións: ou o fan como argucia para que non se cumpran os acordos que toma o pleno democraticamente, o que está no límite do fraude de lei, ou que estamos ante o exercito de Pancho Villa na casa de tócame roque”.
O deputado explicou que en 2017 o Grupo do PP propuxo a renovación e modificación do regulamento orgánico “porque hai datos obxectivos que así o benefician. Temos un regulamento que non estaba axustado á lexislación en moitos asuntos, nun mandato especial cun Goberno en minoría que nace dunha moción do censura feita ao grupo que gañou as eleccións e rompe aos dous meses sustentada en acordos entre persoas a título privado e que nunca se acabou de explicar”.
“O Pleno ten un carácter reforzado e para controlar a este Goberno en minoría que é o que lles molesta, como fixeron en Suplusa onde xudicializaron os acordos e o mesmo fan aquí. Trátase de impedir que se cumpran os acordos democráticos do pleno. En democracia son as maiorías as que deben impoñer os seus criterios. Iso tráese como un exercicio de responsabilidade ante a súa chapuza? O esperpento do acordo do pleno non foi tal, foron vostedes quen incumpriron o acordo do pleno e fixeron unha chapuza cunha mala tramitación e mala publicación tratando como acto definitivo o que era un acto provisorio”, expuxo García.
“Non tiveron coñecemento dun recurso; foron vostedes os que presentaron o recurso e facendo trampa porque se quedan dous na retagarda para estar nunha batalla política ou xudicial dos dous lados e non é ético. Oito recorren un acordo e dous quedan do lado da Deputación para levalo adiante. Temos que votar o que é unha chapuza de vostedes ou unha incapacidade para xestionar cun mínimo de rigor e unha falta de ética importante. Non se sabe se é peor o remedio ou a enfermidade. Queren que non se cumpran os acordos e non se faga exercicio da democracia e facendo trampas”, criticou.
“O presidente fixo un decreto e agora hai que ratificalo. En calquera caso xa non funciona ben esta casa porque se non se ratifica queda un acto nulo e vainos beneficiar xudicialmente e senón volvemos atrás e o regulamento que tiña que estar en vigor volve á aprobación inicial. Un despropósito todo e dúas posibilidades: ou que non actúen lexitimamente e sexan fraudulentos no exercicio da lei ou uns chapuzas impresentables”.
García aclarou que o PP decide absterse porque non podemos convalidar o que é un auténtico desastre e unha estratexia repetida, denigran os acordos das institucións co ánimo de acabar a lexislatura e non cumprir os acordos que se toman. “Será un mandato fallido dun Goberno en minoría que non quere cumprir os acordos que se toman de xeito democrático pola maioría do Pleno”.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



