Burela 13-10-18. O Pescados Rubén Burela FS sumou a súa terceira vitoria consecutiva esta tarde con 5-0 sobre o Dimurol S. Tenerife, un pechacancelas que chegou a Vista Alegre con alegría e soltura. A proposta en media pista dos visitantes xerou certas imprecisións nas filas dos de Juanma Marrube nos primeiros compases, pero co paso dos minutos, os laranxas fóronse atopando máis cómodos apostando por un xogo máis directo. Coa vantaxe dun dobrete de Lucho ao descanso e sen case perigo na rede de Edu, os galegos regresaron na segunda parte con serenidade en circulación de balón, multiplicándose o perigo en finalización.
Lucho adiantou os laranxas, no minuto 4, estreando a súa cuadrícula goleadora, nun centro de R. Vargas que Luisma fixo retroceder para o 4 burelista. Chegando ao minuto 10, Yeray despexou co pé un potente disparo exterior de Pope, desde balón parado. A punto estivo de subir o segundo Renato, no 12, cunha galopada pola banda que deixou atrás a Yeray, pero o lanzamento cruzado fóiselle por pouco. En 14, R. Vargas, fronte a Yeray, levantou cun suspiro á Bancada Laranxa, a piques de cazar un pase de Luisma. A defensa tinerfeña salvou de novo, nun pase longo de Edu a Renato. No minuto 17, os mariñáns viviron o seu maior perigo, cun desaxuste de pase merodeando a área de Edu, que liquidou o naronés respondendo en longo cara a Luisma, aínda que fracasou fronte a Yeray. Perdoou Pope no 18 desde balón parado, pero, por fin, poucos segundos despois volveu facer acto de presenza Lucho, rematando o rexeite do pau a tentativa de Luisma.
Ampliou a vantaxe para os galegos Juanfran no minuto 23, moi atento ao segundo pau tras salvar Yeray coa man unha tentativa de R. Vargas, en recuperación. Puxeron en apuros ao meta insular Juanfran e Renato, nos seguintes compases. Case sen ángulo, pegado ao fondo, Luisma, no 28, serviulle en bandexa o 4-0 a Pitero, ao bordo da liña de meta. Fóiselle moi alto a Luisma o pase de Pitero, segundos despois, cara a cara con Yeray, pero o quinto non se fixo esperar; Porto aproveitou, desde saque de esquina, para selalo. Os tinerfeños quixeron dar a volta ao marcador con Pierre como porteiro xogador; só tivo que intevir Edu unha vez. A falta de seis minutos, R. Vargas tamén liderou o xogo de cinco para os de Juanma Marrube. Nunha tarde moi acertada, Lucho, a falta de dous minutos para o final, rozou o sexto.
Ficha técnica
Pescados Rubén Burela FS: Edu, Juanfran, Pope, R. Vargas, Hélder, cinco inicial; tamén xogaron Luisma, Lucho, Pitero, Renato, Porto, Aarón
Dimurol S. Tenerife: Yeray, Jose, Vélez, Pierre, Kevin, cinco inicial; tamén xogaron Ayose, Sergio, Acaymo, Manu, Carmelito, Borja,
Goles: 1-0, minuto 4, Loito; 2-0, minuto 18, Loito; 3-0, minuto 23, Juanfran; 4-0, minuto 28, Pitero; 5-0, minuto 30, Porto
Árbitros: Faubell Zaldívar // Lázaro Angulo (Colexio Aragonés). Por Burela amarela a Pope (minuto 14), R. Vargas (minuto 35), Lucho. Por Tenerife amarela para Manu (minuto 7), Vélez (minuto 14), Jose (minuto 29),
Incidencias: Partido correspondente á xornada 5 de Segunda LNFS disputado en Vista Alegre antes unhas 800 persoas. Minuto de silencio inicial pola traxedia de Sant LLorenç.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
