Compostela, 7 de novembro de 2018.- A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que a negación do xulgado do penal núm. 2 de Lugo a notificar unha sentenza en galego incumpre a Carta europea das linguas. A persoa afectada solicitou en dúas ocasións recibir en galego unha sentenza relacionada coa denuncia a un piquete informativo na folga xeral de 2010, ao que a xuíza responde que “non há lugar”, apoiándose no artigo 231 da Lei orgánica do poder xudicial e ignorando o artigo 9 da Carta europes das linguas, que como tratado internacional ratificado polo Estado español ten un rango superior á LOPX.
A entidade dirixirase ao Consello Xeral do Poder Xudicial, para que advirta á xuíza que está obrigada a cumprir os compromisos adoptados polo Estado en relación aos dereitos lingüísticos do cidadán afectado. A Mesa xa se ten pronunciado en diferentes ocasións a respecto deste artigo da LOPX, que se sitúa claramente fóra da Carta europea das linguas, promovida polo Consello de Europa e ratificada polo Estado en 2001. A última foi en Dublín, a pasado fin de semana, onde se entregou ao xefe do Secretariado da Carta un relatorio sobre o incumprimento da Carta en Galiza.
A Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias é un tratado internacional promovido polo Consello de Europa para garantir a normalidade das linguas minorizadas que o Estado español ratificou en 2001 no seu grao máximo. Segundo a Carta, o Estado ten que garantir o uso pleno do galego nos territorios onde é oficial ou está protexido polo Estatuto en ámbitos como educación, xustiza, administración, relación sociais e económicas, cultura ou relacións transfronteirizas. No seu artigo 9, a Carta estabelece (a. en procesos penais) i. facilitar que os órganos xurisdicionais, a petición dunha das partes, desenvolvan os procedementos nas linguas rexionais ou minoritarias; e/ou iv. producir, previa solicitude, os documentos relacionados cos procedementos legais nas linguas rexionais ou minoritarias pertinentes, se fose necesario, recorrendo ao uso de intérpretes e traducións que non supuxesen gastos adicionais para as persoas en cuestión.
Tal e como se advertiu a pasada semana na presentación do informe da Mesa perante os medios galegos, os expertos europeos teñen alertado en varias ocasións sobre as graves deficiencias na aplicación da Carta, tamén en relación á xustiza. Continúa sen haber garantías para o desenvolvemento da xustiza en galego: a xuíces, xuízas e fiscais non se lles require o coñecemento da lingua e a inexsitencia de galego nos programas informáticos sobrecarga e provoca atrasos ao funcionariado e á cidadanía que opta polo galego.




















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



