O Centro Galego (CG) de Bruxelas é titular dunha moi aquelada instalación de concertos e ventos, La Tentation, onde se desenvolven toda caste de actuacións. O sábado 8-D está previsto un concerto de varios artistas e grupos cataláns, mallorquíns (Valtonyc) e vascos (Kepa Junquera), promovidos pola asociación patriótica catalá CATGlobal, na súa sala Rosalía, que leva o nome da poeta nacional galega. Un concerto dedicado aos presos políticos cataláns e que tenta achegar cartos para esta finalidade.
Os CG, no noso País, son institucións privadas, mais partillan da rede da galeguidade no exterior, receptora de axudas públicas (Leis da Galeguidade do 1983 e 2013). Os CG constitúen unha urdime avantaxosa, con potencialidade abonda para representar con grande suceso ás nosas empresas e á nosa cultura, malia que dende o PPdeG só se saiba ollar cara elas como elementos de propaganda partidista.
O presidente Núñez Feijóo e máis o secretario xeral de Emigración do Goberno, o alaricano A.R. Miranda, han pensar que os CG todos do exterior, que adoitan vivir ( polo menos na Europa) en ecosistemas democráticos, son tan mandadiños como algunhas das institucións privadas galegas que adoitan semellar inertes perante a omnipresenza da Xunta de Galicia.
Cando na nosa Galicia temos sociedade civil abonda para amosar outra caste de resposta diante destas agresións gratuitas ás liberdades da cidadanía, neste caso ás liberdades dos presos políticos e exiliados cataláns e ao dereito de decidir dos cataláns. Porque Galicia non quita beneficio ningún dunha actitude silente que semella pairar riba dos partidos, sindicatos e axentes sociais galegos despois das eleccións do 21-D, como se na batalla da Catalunya non estivésemos a xogar cuestión fulcrais para a cidadanía galega no ámbito dos nosos dereitos fundamentais e do noso dereito a decidir como nación.
En calquera caso, malia que o CG de Bruxelas perceba subvencións da Xunta (menos dun 1,5% do seu orzamento anual) non deixa de ser unha institución privada e independente, suxeita nomeadamente ás leis da cidade de Bruxelas e do reino plurinacional dos belgas.
A Galicia exterior vive, ás veces, fóra do alcance das gadoupas do Goberno galego. Neste caso por sorte.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



