Burela 17-11-18. Os pupilos de Juanma Marrube recuperaron a vitoria como locais cunha festa goleadora na visita do novel Colo Coco Zaragoza (8-3), na décima xornada, para seguir á fronte de Segunda LNFS. Ante un rival incómodo o Pescados Rubén Burela tirou de efectividade na primeira parte para adiantarse ata o 3-0, aínda que esa vantaxe creoulle certa confusión tras o descanso para seguir o plan inicial de seriedade e concentración. Os visitantes aproveitaron para ir aproximándose no electrónico e neses momentos os mariñáns tamén souberon ter a calma e reacción necesaria para non ceder en exceso, economizando ademais o catro para cinco nos minutos finais.
R. Vargas adiantou os mariñáns no minuto 3, deixando sentando o meta maño ao bordo da área tras pase de Pope. Antes, no 2, fora precisamente o 14 laranxa. A Pitero, no 9, fóiselle demasiado alto o oportuno pase de Luisma, pero o 2-0 non se fixo esperar; Matamoros saltou á pista para asinalo desde a banda nunha tentativa de centro que tocou en Mese. Os burelistas conseguiron frear o maior perigo visitante ata o momento, no 12, coa alianza entre Edu e Renato para despexala. Na recta final, antes do descanso, os de Juanma Marrube, especialmente Matamoros, asediaron en tromba a rede maña. E foi precisamente o 10 burelista o encargado de subir o 3-0 de penalti tras man de Diego Pardo faltando 46 segundos da primeira parte. Juanfran, con 32 segundos por diante, a punto estivo de ver o cuarto local.
Os de Alfonso Rodríguez puideron reducir distancias no reinicio, no 22, con Trasobares, grazas a unha rápida transición. Tan só dous minutos despois, Pope subiu o 4-1 en balón parado de Mata, tras ver a amarela Sampedro. Os visitantes volveron achegarse no 27 nun pase longo que materializou Muniesa de cabeza. Tan só un minuto despois Edu freou a Carlos García e Hélder aproveitou a oportunidade para subir o 5-2. Entrou nun ritmo frenético o encontro, con recuperación de Colo Colo que puido sentenciar, nesta ocasión si, Carlos García. A resposta dos laranxas non se fixo esperar e foi en forma de gol, cun disparo raso de Juanfran.
Con máis de catro minutos por diante, os maños apostaron con xogo de cinco; así o sétimo dos mariñáns chegou a porta baleira, de Hélder. Os de Juanma Marrube tamén responderon con R. Vargas como porteiro xogador. Edu, a falta de 1’31”, asinou o definitivo 8-3, de novo coa rede baleira.
Ficha técnica
Pescados Rubén Burela FS: Edu, Renato, Pope, R. Vargas, Hélder, cinco inicial; tamén xogaron Luisma, Juanfran, Lucho, Pitero, Matamoros, Porto
Colo Colo Zaragoza: Basmalís, Fran, Muniesa, Víctor Berges, Carlos García, cinco inicial; tamén xogaron Trasobares, Pasamón, Zucho, Mese, Sampedro, Diego Pardo
Goles: 1-0, minuto 3, R. Vargas; 2-0, minuto 9, Matamoros; 3-0, minuto 20, Matamoros (penalti); 3-1, minuto 22, Trasobares; 4-1, minuto 24, Pope; 4-2, minuto 27, Muniesa; 5-2, minuto 29, Hélder; 5-3, minuto 30, Carlos García; 6-3, minuto 31, Juanfran; 7-3, minuto 36, Hélder; 8-3, minuto 39, Edu
Árbitros: Calleja Rubio // Hevia Campa (Asturias). Por Zaragoza amarela para Sampedro (minuto 24)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 10 de Segunda LNFS disputado en Vista Alegre ante unhas 800 persoas, coa presenza do presidente da Liga Nacional de Fútbol Sala, Javier Lozano.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
