O sábado 10 de 11.00 a 13.30 a Asociación Batitales organiza as II xornadas de charlas sobre sostenibilidade na rehabilitación, que se desenvolverán no Centro comarcal, con seguinte programa: 11.00: “Camiño da Sostenibilidade Ambiental na Edificación – Aforro Económico”, Manuel M Álvarez Losada, Arquitecto Técnico.
12.00: “Cubertas Axardinadas: Unha Solución Ecolóxica e Sotible”, Eva Otero Leal, Arquitecto Técnico. 13.00-13.30: Preguntas e debate. As xornadas son gratuitas e abertas para todos os interesados
























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



