Ribadeo, 27 de novembro de 2018. A Asociación Eco InterEo organiza dentro dos seus plans de formación para a produción agroecológica unha mesa redonda para falar sobre Gastronomía con produtos locais e o futuro de Asturias e Galicia desde un punto de vista sustentable e ecolóxico.
Ao debate asistirán:
·Daniel Martínez, director do Hotel Abba Praia de Xixón,
·José Antonio Campoviejo, cociñeiro do restaurante con Estrela Michelin O Curral do Indianu
·David Fernández-Prada, CEO de Gustatio e xornalista gastronómico.
Os profesionais do sector e aquelas persoas interesadas en turismo e gastronomía participarán nestes debates sobre o valor que achega ao territorio a cociña de proximidade. Esta mesa redonda terá lugar no Teatro, en Ribadeo, mañá mércores, 28 de novembro, a partir das 17:00 horas.
Segundo os organizadores “o obxecto das sesións é mostrar como a produción de alimentos locais de calidade supón un elemento de atracción ao territorio e un aumento do valor engadido desas producións, ademais de converter á hostalería do territorio no primeiro e máis importante chanzo de consumo dos devanditos produtos locais”.
Tras a mesa redonda José Antonio Campoviejo ofrecerá un show cooking a partir das seis da tarde aos asistentes, onde mostrará como elabora cinco das súas creacións desenvoltas con produto de proximidade.
A entrada é gratuíta e a duración da mesa redonda e o showcooking é de dúas horas aproximadamente.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



