Ribadeo, 20 de novembro de 2018.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, mantivo esta mañá un encontro cos participantes nos dous obradoiros de emprego que se desenvolven en Ribadeo. Neste concello están en marcha o obradoiro Ribadeo co Camiño, que forma a 20 persoas desempregadas ao tempo que realiza actividades de mellora e dinamización en torno á ruta xacobea, ademais do taller Doc-Tic II, que achega formación a 16 mozos e mozas menores de 30 anos.
Segundo explicou Balseiro, ambas iniciativas suman 43 contratacións, entre alumnos traballadores e persoal de dirección, administración e monitores. Os proxectos son promovidos polo Concello de Ribadeo e financiados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria cun investimento conxunto de 443.000 euros.
O primeiro dos obradoiros ten unha duración de nove meses -ata finais de xullo do 2019- e imparte as especialidades de ‘Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes’ e ‘Dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais’, con dez participantes cada unha delas.
Entre as actuacións previstas figuran a creación de áreas recreativas en Vilela e no contorno do albergue municipal de Ribadeo, e o acondicionamento das de Palmeira (en Ove) e a da capela do Carme de Vilela. Tamén se levarán a cabo tarefas de mantemento e limpeza de fontes situadas nas inmediacións da ruta xacobea.
O proxecto inclúe a elaboración de programación cultural para poñer en valor o patrimonio vinculado ao Camiño de Santiago, así como a creación dun espazo público virtual de divulgación sobre o tramo que percorre o concello e das iniciativas que desenvolve o propio obradoiro.
Pola súa banda, o taller DoC-TiC II dá continuidade ao labor de dixitalización do fondo documental do concello no que xa traballaron os obradoiros desenvolvidos no municipio nos últimos anos. Nesta ocasión, a iniciativa imparte as especialidades de ‘Produción fotográfica’ e ‘Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais’. O obradoiro estenderase ata finais do mes de marzo do vindeiro ano.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



