Ribadeo, 2 de novembro de 2018.- Os socialistas de Ribadeo reclaman ao goberno do BNG que dote á Avenida Ría de Ribadeo dun carril bici. O voceiro municipal do PSOE, César Fernández Murias, fixo esta solicitude ao Alcalde para que “Ribadeo sexa tamén un exemplo de respecto e seguridade vial entre ciclistas, condutores e peóns, pois, na actualidade, non contamos con ningún tipo de carril destas características no casco urbano do Concello”.
Fernández Murias lembrou que os traballos de mellora e humanización que se están levando a cabo na Avenida Ría de Ribadeo contan cun investimento de 380.000 euros por parte do PSOE no Goberno da Deputación, que financia integramente o conxunto das obras.
“Aproveitando que se está dotando a esta vía de beirarrúas, pasos elevados, mobiliario urbano, así como melloras de alumeados e pavimentos, cremos que é unha boa oportunidade para achegar, dunha vez por todas, un carril bici na zona urbana do noso municipio, dando resposta a unha prestación moi demandada polos ciclistas de Ribadeo, mellorando a seguridade vial e ofrecendo un novo atractivo á cidade”.
O voceiro do PSOE en Ribadeo subliñou que “parécenos moi ben que o goberno municipal do BNG coloque un cartel coa cita Ribadeo, vila amiga das bicicletas, pero en vez de facer medidas de cara á galería, deberían desenvolver iniciativas que de verdade atendan as necesidades dos ciclistas do Concello, como a creación do carril bici”.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



