Burela, 29 novembro 2018. As aspiracións do pobo de Burela e do mundo deportivo mariñao, recibiron o pasado martes un serio revés propiciado polo PSOE e polo PP ao pactaren estes dous partidos os orzamentos da Deputación para 2019 ignorando e facendo caso omiso dos acordos plenarios do concello burelao e da Deputación de Lugo, que no pasado mes de xuño acordaran comprometerse “ao cofinanciamento da construcción dun novo Pavillón de Deportes en Burela, atendendo a criterios de proporcionalidade, comprometéndose o concello de Burela a levar a cabo a redacción do proxecto de construcción, para o que o concello aportará os terreos necesarios, tendo rematado o proxecto e os terreos dispoñibles nun prazo de catro meses”
Alfredo Llano non cumple a súa palabra
Desde o BNG, o seu portavoz na corporación de Burela, Mario Pillado afirma que esto é unha proba mais da falta de seriedade e pouca palabra do alcalde burelao, que foi incapaz de levar un proxecto rematado a Deputación e á Xunta, nin de ter conseguido a dispoñibilidade dos terreos, tal como se acordara nas sesións plenarias mencionadas. Ante a pregunta do BNG no pleno ordinario deste xoves non foi quen mais que de aprazar o cumprimento dos acordos, “En Outubro cumpríronse os prazos marcados e seguimos sen nada: nin proxecto, nin convenio, nin financiamento nin terreos” aseverou o voceiro do BNG, Pillado, quen continuou decindo que “o señor Llano aínda non entendeu en tres anos e medio que a Xunta o boicotea”.
Complicidade do PSOE e do PP en contra de Burela
Os nacionalistas critican o cinismo do PSOE e do PP, que en Burela defenden unha cousa, diante da presión veciñal e do BNG, pero fóra da Mariña agachan a orella, pois o PP apurouse a pactar uns orzamentos co PSOE en Lugo, para cubrir as súas “urxencias” electorais, deixando fóra dese acordo o pavillón de Burela. “Estes dous grupos practican o bipartidismo mais rancio, tirándose a pelota mutuamente, acendendo o ventilador do lixo nos medios, sen aportar unha soa solución para a vila e sen importarlles nin a veciñanza nin os usuarios de servizos como o de atención temperá, os alumnos do CEIP Virxe do Carme ou a construcción do propio pavillón…pero logo van da man contra o interese veciñal” sinalou Pillado
O BNG propuxo incluir 500.000€ nos orzamentos da Deputación 2019 para o novo pavillón
O deputado nacionalista mariñao Antonio Veiga presentou unha emenda na que se proponía incluir 500.000€ para iniciar a obra no 2019, non sendo tida en conta nin polo PSOE nin polo PP. Así mesmo, nos orzamentos da Xunta a deputada Olalla Rodil tamén presentou unha emenda no mesmo sentido.
“Os acordos son para cumplir, e o BNG non vai permitir que o concello de Burela, referente deportivo de Galiza quede sen as infraestruturas necesarias”
Así de contundentes se manifestaron os nacionalistas, e xa anunciaron que el@s van dar esta loita ata o final, dado o pouco interés que tanto Psoe coma PP mostran por esta necesaria obra.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



