Burela 2-11-18. A Tarde Laranxa non podía empezar mellor. O Pescados Rubén Burela FS durmirá como líder en solitario de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo tras o triunfo ante Leganés Masdeporte (2-0) e o empate de Penya Esplugues e Jimbee Roldán (1-1). Unha diana de Dany en cada parte fíxoo posible, nunha cita na que a ansiedade e a precipitación non lles deixou mostrar o seu xogo á as de Julio Delgado e Lucas, medíndose a un serio rival, que se pechou ben e apertou moito, facendo dano en balón longo e xogada aérea.
Antes da medianía da primeira parte Dany, contra o pau, e Cilene, dun disparo raso a balón parado, dispuxeron das mellores ocasións. No 10, Jenny evitou que as madrileñas tomasen vantaxe no luminoso, cunha falta ao bordo do área, de Chuli. Ante unha atenta Sandra baixo paus, no 13 Dany volveu poñer o toque de perigo nunha recuperación de Peque que rematou a 3 laranxa. E por fin, no 16, o tándem Peque-Dany subiu o 1-0, cun pase da 7 mariñá ao segundo pau.
No reinicio, continuou o dominio e posesión locais ante a expectativa do Leganés. No 23, Cristina rozou o pau, e no 25 Luci intentou sorprender a Sandra desde media pista cun balón alto. Dany, no 28, a punto estivo de subir o segundo, entrando na portería. Superado o ecuador do segundo acto, no 31, tocoulle a Jenny cun potente disparo despexado pola meta madrileña. Con máis de dous minutos por diante, o Leganés apostou por xogo de cinco, na primeira tentativa Dany cazouna e subiu o 2-0 a porta baleira. Dispuxo Stone dunha boa chegada despois co obstáculo infranqueable de Jozi. A falta de 47 segundos Jenny volveu ter nos seus zapatillas unha sen porteira, que se foi desviada.
Ficha técnica
Pescadso Rubén Burela FS: Jozi, Cristina, Peque, Jenny, Alves, cinco inicial; tamén xogaron Cilene, Dany, Luci, Lara Balseiro
Leganés Masdeporte: Sandra, Chuli, Patry Montilla, Stone, Elena Aragón, cinco inicial tamén xogaron Laura Uña, Ampi, Mali, Bea Torija, Puche
Goles: 1-0, minuto 16, Dany; 2-0, minuto 39, Dany
Árbitros: Vilas López // Cardero Rodríguez (Galicia). Por Leganés amarela a Elena Aragón (minuto 20)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 6 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo disputado en Vista Alegre ante unhas 500 persoas.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
