Xove 23-12-18. Celebrouse este pasado sábado nun Pavillón Municipal de Deportes ateigado de xente. Un éxito de participación e de calidade musical.
Gañadores:
Categoría “PEQUES” (ata 12 anos):
1º Premio “Mellor Voz”: Cora e Enma Buján Rouco, coa canción “Romeo y Julieta” de Karina. Premio de 60 €uros.
2º Premio “Mellor Voz”: Iago Rivas Balsa coa canción “El Rey” de Vicente Fernández. Premio de 60 €uros.
Premio á “Mellor Caracterización”: Mara Arca Moliner, coa canción “Las Hadas Existen” De Rozalen. Premio de 60 €uros.
Categoría “IUNIOR” (DE 12 ata 18 anos):
1º Premio “Mellor Voz”: Alba Conoura Frá coa canción “City Of Stars” de Ryan Goslin / Enma Stone. Premio de 90 €uros.
2º Premio “Mellor Voz”: Alejandro Parapar Fernández coa canción “Mi Héroe” de Antonio Orozco. Premio de 90 €uros.
Premio á “Mellor Caracterización”: Xenxo Salgueiro Franco con “Sólo Te Pido” de Manolo Escobar. Premio de 90 €uros.
Categoría “VETERANOS” (maiores de 18 anos):
1º Premio “Mellor Voz”: Laura Míguez Ramos coa canción “La Tormenta” de Pastora Soler. Premio de 150 €uros.
2º Premio “Mellor Voz”: Marta Suárez Díaz coa canción “UN Año De Amor” de Luz Casal. Premio de 150 €uros.
Premio á “Mellor Caracterización”: Cesáreo Vidal Fernández coa canción “Waka Waka esto es África” de Shakira. Premio de 150 €uros.
A gala foi presentada por Vanesa Míguez e Rubén Pico. O grupo de música Sons de Celeiro fixo unha pequena actuación.
A entrega de premios foi presidida polo Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado polas Concelleiras: Dolores Meitín (Cultura) e Ana Abad (Servizos Sociais).
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



