A Mariña 7-12-18. Cervo venceu na proba deportiva e O Valadouro é o novo líder das olimpíadas.
O día 6 de decembro foi o campionato de fútbol sala das nosas Olimpíadas, no Pavillón Torques de Marzán, en Foz. Vimos moi bo fútbol e moita competencia, como ten que ser, pero tamén moita deportividade.
Comezamos cedo, ás 9,30 da mañá, cos partidos eliminatorios, que foron os seguintes:
Barreiros, 3; Valadouro, 3.
Goles de Marco Antonio Vidal e Sergio Janeiro (2) para Barreiros e de Pablo Souto (2) e Eloy Canoura para o Valadouro. O encontro foi terriblemente disputado e tivo que decidirse ós penaltis, onde Valadouro venceu por 2 a 3, conseguindo a clasificación para semifinais.
Burela, 3; Alfoz, 1.
Goles de Roberto Fernández, Juan Palmeiro e David Fernández para Burela e de Ángel Valea para Alfoz. A victoria de Burela decidiuse ó final, posto que Alfoz estivo metido no partido durante a maior parte do tempo.
Mondoñedo, 0; Lourenzá, 7.
Goles para Lourenzá de Luís Santamarina, Manuel Santamarina (3), Miguel Hermida e Moncho Seivane (2). O encontro non tivo color e estivo dominado de principio a fin polos de Lourenzá.
Foz, 3; Cervo, 7.
Goles de Lara Díaz e José Manuel Díaz (2) para Foz e de David Rodríguez (2), Carlos García, Borja Rego e Guilherme Cunha (3) para Cervo. Foi o único partido en que marcou unha muller e Cervo foi superior, aínda que Foz puido facer algo máis case ata o final.
Ás 16,00 horas deron comezo a semifinais, que foron do seguinte xeito:
Valadouro, 1; Burela, 4.
Polo Valadouro marcou Eloy Canoura, mentres que por Burela fixérono Roberto Fernández (2), Juan Palmeiro e José Luís Vázquez.
Lourenzá, 0; Cervo, 4.
Os goles de Cervo foron obra de Carlos García e Guilherme Cunha (3). Máis efectividade do Cervo, pero tamén bo xogo por parte do Lourenzá. Dous grandes equipos que fixeron un xogo de gran nivel durante todo o campionato.
Logo decidíronse os catro primeiros postos, nos dous últimos encontros:
Partido polo 3º e 4º posto:
Valadouro, 4; Lourenzá, 5.
Goles de Pablo Souto (2), Pablo García e Mario Novo para Valadouro e de Luís Santamarina, Iago Cuíña (2) e Moncho Seivane (2) para o Lourenzá. O partido decidiuse ó final, foi moi igualado e os dous equipos fixeron gala dun gran compromiso e dun gran xogo.
FINAL:
Burela, 1; Cervo, 1.
Goles de Borja Otero para Burela e de Borja Rego para Cervo. Duelo fratricida na final, moi igualada e competida, que se decidiu, finalmente, nos penaltis, ganando Cervo por 2 a 3.
Os encontros estiveron dirixidos polos colexiados Fernando Bello e José Manuel Dobarrio, ambos de Lugo.
Os goleadores do campionato foron:
1. Guilherme Cunha (Cervo) – 6 goles.
2. Pablo Souto (Valadouro) – 4 goles.
3. Moncho Seivane (Lourenzá) – 4 goles.
4. Roberto Fernández (Burela) – 3 goles.
5. Manuel Santamarina (Lourenzá) – 3 goles.
6. Sergio Janeiro (Barreiros) – 2 goles.
7. Eloy Canoura (Valadouro) – 2 goles.
8. Juan Palmeiro (Burela) – 2 goles.
9. Luís Santamarina (Lourenzá) – 2 goles.
10. José Manuel Díaz (Foz) – 2 goles.
11. David Rodríguez (Cervo) – 2 goles.
12. Carlos García (Cervo) – 2 goles.
13. Borja Rego (Cervo) – 2 goles.
14. Iago Cuíña (Lourenzá) – 2 goles.
15. Marco Antonio Vidal (Barreiros) – 1 gol.
16. David Fernández (Burela) – 1 gol.
17. Ángel Valea (Alfoz – 1 gol.
18. Miguel Hermida (Lourenzá) – 1 gol.
19. Lara Díaz (Foz) – 1 gol.
20. José Luís Vázquez (Burela) – 1 gol.
21. Pablo García (Valadouro) – 1 gol.
22. Mario Novo (Valadouro) – 1 gol.
23. Borja Otero (Burela) – 1 gol.
A clasificación por equipos neste día de fútbol sala foi a seguinte:
1. Cervo – 200 puntos.
2. Burela – 175 puntos.
3. Lourenzá – 150 puntos.
4. Valadouro – 125 puntos.
5. Barreiros – 100 puntos.
6. Alfoz – 75 puntos.
7. Foz – 50 puntos.
8. Mondoñedo – 25 puntos.
Unha vez disputadas as tres primeiras xornadas destas Olimpíadas da Mariña Central, a clasificación queda como segue:
1. VALADOURO – 450 puntos.
2. LOURENZÁ – 425 puntos.
3. MONDOÑEDO – 400 puntos.
4. CERVO – 375 puntos.
5. FOZ – 325 puntos.
6. BURELA – 300 puntos.
7. ALFOZ – 275 puntos.
8. BARREIROS – 250 puntos.
A proba dos Xogos Populares que se vai celebrar o vindeiro día 15 de decembro en Mondoñedo será decisiva. Como vemos na clasificación, as diferenzas entre uns equipos e outros non son moi grandes e hai en xogo un total de 200 puntos para o ganador.
O día 15 en Mondoñedo decidirase o gañador destas Primeiras Olimpíadas da Mariña Central, con carreiras de sacos, lanzamento de pacas de herba, carreiras á cadeira da raíña e tiro á corda. Esperemos que as Olimpíadas rematen dun xeito tan emocionante como se están a desenrolar estes días.






















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
