Ribadeo, 8 de decembro de 2018. A Concellaría de Deportes organiza a carreira San Silvestre 2018, que se celebrará na tarde do último día do ano.
O recorrido da carreira para os adultos, cunha distancia de 5.000 metros, sairá ás 17:00 horas entre os dous parques, segue por Clemente Martínez Pasarón, avenida de Asturias, José Pérez Martínez, avenida de Galicia, rúa Virxe do Camiño, calexón de Picarolas, rúas Carlos III, Julio Lazúrtegui, San Roque, Rosalía de Castro, Camiño das Barreiras, Leopoldo Calvo Sotelo, Rodríguez Murias, Ramón González, Doctor Moreda, Reinante e Villafranca do Bierzo, para rematar na praza de España, diante do Concello. “A novidade deste ano, por mor das obras que se realizan na rúa San Roque, é que o percorrido varía un pouco e pasará por Picarolas, Carlos III e Julio Lazúrtegui”, subliñou o concelleiro de Deportes, David Rivas.
Nas categorías inferiores a saída será a partires das 16:40 horas, para pituf@s, nad@s en 2015, 2016, 2017 e 2018, a distancia será de 100 metros e a saída terá lugar diante da oficina de turismo e a chegada diante do Concello. Nas categorías de Iniciación e Prebenxamín, o recorrido terá unha distancia de 400 metros e consistirá nunha volta ao parque de San Francisco. Nos casos de Benxamín e Alevín, a distancia será de 1.150, 37 metros e percorrerán as rúas peonís de Ribadeo.
A inscrición é gratuíta. As anotacións na carreira absoluta e menores con DNI poderá facerse a través de internet en www.championchipnorte.com ata o xoves 27 de decembro, ás 23:59 horas. Ademais as inscricións tamén poderán formalizarse de xeito presencial nas oficinas de deportes e información xuvenil do Concello de Ribadeo (OMIX), Casa da Xuventude, antes do xoves 27 de decembro, ás 14:00 horas; e por mail enviando os datos, antes das 14:00 horas do 27 de decembro, á dirección de correo electrónico deportes@ribadeo.org.
Haberá medallas para os tres primeiros de cada categoría (masculino e feminino) e trofeos e premios en metálico para os tres primeiros homes e mulleres da categoría absoluta, igual que para os tres primeiros homes e tres primeiras mulleres ribadenses. Tamén haberá trofeos para o corredor e corredora máis veteran@ en rematar a proba.
A San Silvestre 2018 foi presentado polo alcalde, Fernando Suárez, polo concelleiro de Deportes, David Rivas, polo atleta local Aleix Díaz, e polo técnico municipal de Deportes, Iván López.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
