Foz, 7 de decembro de 2018.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, subliñou hoxe a “importante aposta pola modernización” que realizou Pescados Rubén, unha empresa -sinalou- que “ten un gran peso económico e social” para a comarca da Mariña.
Balseiro visitou a factoría situada en Nois, no municipio de Foz, para comprobar as recentes melloras realizadas, coas que colabora a Consellería do Mar achegando preto de 554.000 euros, pois o proxecto desta empresa lucense foi un dos seleccionados para acceder á liña de axudas convocada pola Xunta nesta materia.
A máis recente actuación supuxo a renovación de instalacións frigoríficas, co que a empresa mellora o proceso de transformación e consigue un notable aforro enerxético, dado que reduce case á metade o tempo necesario para acadar a temperatura óptima do peixe, achegando maior seguridade alimentaria e calidade ao produto final ao tempo que avanza nunha xestión máis sustentable e respectuosa co medio ambiente. Esta é unha das poucas empresas dedicada a esta actividade que dispón de tres liñas de secado e arrefriado de peixe.
O Goberno galego colabora con esta iniciativa a través das axudas da Consellería do Mar para facilitar o desenvolvemento das pemes do sector transformador dos produtos da pesca e a acuicultura. A achega alcanza os 461.000 euros unha vez estea resolta a tramitación do expediente administrativo.
Esta orde ten por obxecto favorecer investimentos que contribúan a fomentar unha pesca e acuicultura sustentables desde unha perspectiva ambiental, socialmente responsable, baseada no coñecemento e competitiva. Para elo, financia intervencións que contribúan a aforrar enerxía ou reducir o impacto no ambiente, incluíndo o tratamento de residuos; melloren a seguridade, a hixiene e a saúde e as condicións de traballo; ou dean lugar a novos e mellores produtos, novos ou mellores procesos ou novos ou mellores sistemas de xestión e organización, entre outros obxectivos.
A Consellería do Mar tamén achegou 92.500 euros a Pescados Rubén para a innovación do sistema de trazabilidade e o desenvolvemento dunha nova liña de produción, neste caso a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal.
Balseiro destacou que “o sector transformador dos produtos da pesca e da acuicultura é estratéxico no tecido produtivo de Galicia, en concreto en comarcas como a da Mariña”. En referencia a Pescados Rubén, sinalou que “é unha satisfacción comprobar que se consolidan e medran empresas como esta, que teñen un importante peso económico pero tamén un destacado papel social”.
Ao respecto, gabou a implicación desta empresa no tecido social da Mariña, especialmente no plano deportivo. “É sobradamente coñecido o patrocinio de Pescados Rubén ao Burela Fútbol Sala, unha alianza que ven reportando moitas alegrías aos mariñáns e á provincia de Lugo en xeral”, afirmou.






















A proba, organizada polo Club Ciclista Viveiro e homologado como Campionato Galego Femiino, Infantil e Cadete, reuniu máis de 130 ciclistas de todas as categorías de Infantil ata Master, masculinas e femininas, e coroou as campioas galegas de todas as categorías. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



