A Mariña 16-12-18. A última xornada das nosas Olimpíadas, a 4ª, era a dos Xogos Populares. Foi o 15 de decembro, en Mondoñedo, a iso das 17,00 horas. Unhas bancadas ateigadas de xeareiros e un ambiente de emoción, tensión e alegría impregnándoo todo. Unha proba moi competida: Valadouro ganou no Tiro á corda e na carreira á Cadeira da Raíña; Lourenzá venceu no lanzamento de Pacas de herba e Cervo venceu nas carreiras de Sacos. No cómputo total da xornada os vencedores foron (empatados) Alfoz e Valadouro, os dous concellos irmáns. Finalmente, contabilizando todos os puntos das catro xornadas, o vencedor foi O Valadouro, seguindo a seguinte clasificación:
1. Valadouro – 650 puntos.
2. Lourenzá – 575 puntos.
3. Mondoñedo – 500 puntos.
4. Cervo – 500 puntos.
5. Alfoz – 475 puntos.
6. Foz – 350 puntos.
7. Burela – 350 puntos.
8. Barreiros – 325 puntos.
Como na medalla de bronce empataron Cervo e Mondoñedo, os capitáns de ambos equipos decidiron compartir o terceiro posto, en vez de ir a un desempate.
A pesar da tensión e da emoción en busca da vitoria, todos os equipos se comportaron cunha gran deportividade.
O acto estivo presentado por Gilberto Ares, de Mondoñedo, e por Pepe Peinó. Actuaron de Xuíces da competición Nerea e Bárbara.
No aspecto técnico contamos coa colaboración de Juan Novás, Raquel Amieiro, Matías Nicieza, Deyanira Barreira, Claudia Martínez.
Asistiron ó acto a Alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e os alcaldes de Alfoz (Jorge Val), Cervo (Alfonso Villares), Barreiros (Alfonso Fuente), Lourenzá (Rocío López) e Valadouro (Edmundo Maseda).
Entre os participantes manifestouse a intención de repetir a experiencia e celebrar durante este Nadal ou pouco despois del dunha cea de confraternidade entre todos os participantes.
Mándovos dúas fotos, unha cos equipos de Alfoz e O Valadouro xuntos, gañadores da proba dos Xogos Populares, e outra con todos os participantes da xornada de hoxe, rematadas as Olimpíadas.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
