Burela 16 de decembro de 2018. A consulta de enfermería para pacientes con ostomías é fundamental. Nela reciben atención integral e especializada co obxectivo de proporcionar unha educación sanitaria adecuada sobre coidados do estoma e dispositivos colectores mellorando a calidade de vida do paciente. Ademais ofrece soporte emocional á persoa ostomizada e familia desde o preoperatorio ata a súa completa rehabilitación así como información e formación individualizada para conseguir unha adaptación saudable e autonomía nos coidados.
No Hospital da Mariña foi suprimida a DUE de ostomías, “unha figura que era xa claramente insuficiente, xa que estaba desbordada ao adicarse a outras tarefas compartidas”, explican.
“Actualmente os pacientes ostomizados reciben Información e educación só durante o ingreso na planta, e non contan con seguimento nin persoa de referencia en caso de aparecer dúbidas ou complicacións (non infrecuentes)”, sinalan.
DERIVADOS AO HULA.
A central nacionalista denuncia que están a ser derivadas á consulta específica de ostomías do HULA que conta con dúas enfermeiras con xornada exclusiva de consulta de ostomías.
“Unha vez máis as políticas de recortes de Feijóo e o Partido Popular castigan aos mariñaos e ás mariñás que se ven obrigados a desprazarse a máis de 100 km para recibir atención sanitaria”, denuncian.
CONSULTA DE ESTOMAS NO HOSPITAL DA MARIÑA.
Dende CIG Saúde A Mariña exixen que se cree unha consulta de enfermaría dedicada exclusivamente á atención de pacientes ostomizados.
Hai que ter en conta que unha ostomía require un coidado especial que en principio realízase polos profesionais sanitarios, pero logo formará parte do autocuidado do paciente e o seu familiar. Por esta razón paralelamente ao proceso de atención sanitaria hai un proceso de educación para a saúde, no que o paciente recibe unha formación individualizada e axustada ás súas necesidades.





















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".



