Burela 18-12-18. “Para nós este é un día moi importante, a sinatura do convenio é un paso máis da nosa aposta incansable polo deporte feminino. Levamos anos traballando neste sentido, pola igualdade e polo profesionalismo do noso equipo feminino e este convenio é a mostra definitiva do camiño andado. Dentro da nosa estrutura non é un feito histórico, é un feito lóxico, co convenio non facemos máis que plasmar por escrito unha realidade do noso club e pensamos que debería converterse na normalidade do noso deporte” así se amosaba este mediodía o presidente do Pescados Rubén Burela FS, Manuel Blanco, tras a sinatura do convenio colectivo das súas xogadoras profesionais.
Dende o liderado de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo, as xogadoras do Pescados Rubén Burela FS participaron na formalización do acordo esta mañá na notaría de Burela, xunto á directiva da entidade laranxa e a presenza da Asociación de Xogadoras de Fútbol Sala Feminino.
Tras o acto, Manuel Blanco atendeu os medios de comunicación e deu a coñecer algúns dos detalles deste revolucionario convenio xunto á presidenta da AXFSF, Natalia Orive, as capitás Bea Mateos e Jozi de Oliveira e o vicepresidente burelista, José Luis Sáez.
Natalia Orive, dende a AXFSF, destacou o gran momento que comeza a vivir o fútbol sala feminino: “É un momento histórico, o momento das xogadoras deste club, é un momento histórico para o fútbol sala pero tamén para o deporte feminino en xeral. Ademais ten moito mérito o traballo do Pescados Rubén por normalizar unha situación que non é o habitual noutros equipos. Oxalá as xogadoras puidésemos ter 15 anos menos para vivir esta etapa de profesionalización. Con convenios como este e con clubs como este fan grande o deporte feminino” explicaba a presidenta da Asociación, dando a noraboa ao club laranxa e prestando a súa colaboración.
Pola súa banda, Bea e Jozi, recoñecéronse privilexiadas: “Hoxe tócame ser a portavoz de todas as miñas compañeiras cando digo que nos sentimos orgullosas de pertencer a este club. Temos que dar as grazas a Pescados Rubén por este esforzo, a Manolo, José Luis e Alfredo, xunto ao resto da directiva, que son os grandes responsables de que este convenio saíse adiante e de que sexamos un pouco máis profesionais do que eramos” valoraba Bea, coincidindo con Jozi: “Este convenio reforza todo o que o Burela leva anos facendo porque nós temos unhas condicións privilexiadas e esperemos que este convenio sexa un modelo a seguir, un exemplo, para outros clubs, porque dentro da categoría aínda nos falta moito por andar” puntualizaba a gardamenta brasileira, agradecendo tanto ao club coma a AXFSF o acordo.
Por último, José Luís Sáez quixo destacar o gran protagonismo do patrocinador, Pescados Rubén, en que este convenio sexa unha realidade, e agradeceu a predisposición da Asocación de Xogadoras para que todo se desenvolvera con axilidade: “Nós, na igualdade, pasamos das palabras aos feitos. Neste convenio, que implica un desembolso económico importante, grazas Pescados Rubén, a negociación foi moi doada, pola boa disposición de todas as partes, xogadoras, club e a Asociación de Xogadoras, e sobre todo por Natalia Orive, que mostrou a súa predisposición en todo momento, con todas as xestións, ata coas compañías para as pólizas de seguros”, puntualizaba así o vicepresidente concluíndo: “Sabemos que este é o primeiro paso para facer nomal e cotián algo extraordinario”.





















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
