Son 26 os postos instalados nos que se poden atopar, entre outras cousas, cerámica, coiro, alimentación ou cervexa artesanal. O horario de apertura ata o vindeiro domingo é de 11 a 14 horas polas mañás e de 17 a 21 horas polas tardes. Paralelamente haberá moitas actividades como concertos, obradoiros para os máis pequenos e pequenas e visitas guiadas pola heráldica ribadense, pola ruta dos comerciantes ou polo patrimonio relixioso.
























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



