Burela, a 19 de decembro de 2018.- “Analizados os datos que nos remitiu o propio alcalde, todo apunta a que a actual empresa concesionaria do servicio de recollida de lixo e limpeza viaria non estaría a cubrir as baixas ou as vacacións do persoal, tal e como manifestamos no pleno do pasado 27 de setembro”, aseguran dende o Grupo Municipal Popular de Burela. “Mesmo –engaden- podería estar incumprindo a empresa o Prego de Prescricións Técnicas (PPT) e o contrato asinado co Concello no seu día. E todo elo co alcalde mirando para outro lado, sen verificar o cumprimento do PPT e do contrato”.
Os edís do PP aseguran que o PPT (páx. 11 e 12, e que se atopa no portal de transparencia do Concello) di claramente o seguinte:
“Con carácter General… el personal adscrito al servicio será el necesario para la correcta ejecución y control propio de la prestación, siendo este inicial y orientativamente como mínimo:
Servicio ordinario en jornada de lunes a sábado inclusive puestos de trabajo
-1 capataz
-7 conductores
-11 peones
-2 conductores para limpieza viaria
-7 peones para labores de limpieza viaria
-10 peones para labores de limpieza de playas y punto limpio”.
Segundo os populares “con estes datos, o número de traballadores debería de ser de 28, agás os meses de verán nos que debería haber 38. Pero, en cambio, no ‘Anexo 3, sobre B, memoria técnica. Dimensionamiento del servicio’ da oferta da empresa, xa se deduce que non se cumpriría con eses 28 postos de traballo e os 38 nos meses de verán; senón que o número de postos de traballo sería de 16”.
Desde o Grupo Municipal Popular, afondando no asunto, explican que “se collemos os datos que o propio Concello nos pasa dos meses de abril e maio de 2017 -cando debería haber 28 traballadores segundo o PPT-, vemos que nos TC2 da empresa só aparecen 16, e deles 4 de baixa en abril e 2 en maio. No mesmo 2017, no meses de xuño e xullo, meses de verán, segundo o PPT debería haber 38 traballadores, pero nos TC2 hai 21 en xuño -dos cales 4 de baixa e 4 a xornada incompleta- e en xullo hai 23 -dos cales 4 de baixa e 6 a xornada incompleta-”.
Os populares tamén achegan datos do 2018. “En agosto e setembro debería haber segundo o PPT un total de 38 traballadores; pero os TCs recollen que en agosto houbo 21 – 5 deles de baixa- e en setembro 20 -dos cales 4 de baixa-”.
Os edís do PP pedían no pleno do pasado 27 de setembro que “o Alcalde -Presidente do Concello de Burela demandara, por escrito, da empresa concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria o cumprimento estrito do prego de condicións e do contrato de adxudicación do servizo, comezando pola cobertura da totalidade e en todo momento dos postos de traballo”.
Pero desde o Grupo Municipal Popular entendemos que “non se están cubrindo nin tan sequera os 16 postos de traballo que en realidade ten GESECO, xa que non se cobren a totalidade das baixas nin das vacacións. E, por riba, vemos que o alcalde actúa con total indolencia e mesmo podería estar autorizando pagos que non se corresponderían nin co PPT nin co contrato e que, de ser certo, significaría unha enorme irresponsabilidade”.


















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



