Burela, 26 de decembro de 2018. A compañía La Bicicleta, elenco estable do Teatro Sanpol de Madrid, porá escena este sábado, 29 de decembro, no auditorio municipal de Burela Rapunzel, a bonita historia fabulada polos irmáns Grimm convertida nun divertido e xoguetón espectáculo musical para @s máis pequen@s. Será en dobre función ás 18:00 e ás 20:00 horas.
A música de George Gerschwin, as cancións e os bailes enmarcan a historia da fermosa nena dos cabelos de ouro encerrada nunha torre que non ten escaleiras.
Durante anos o único lazo que une á moza co mundo exterior é a visita da bruxa que a secuestrou. Todos os días ao escoitar a frase “Rapunzel, Rapunzel, lánzame a túa cabeleira para subir por ela sen escaleira” a longa e dourada cabeleira cae desde o alto. E a bruxa sobe por ela e asegúrase de que continúe sendo a súa prisioneira.
Un príncipe encantador, un trasgo, coellos saltaríns, un bufo ameazador e un cabalo parlanchín dan a nota de humor e tenrura que enmarca esta bela historia de amor.
A duración do espectáculo é de 1 hora e 10 minutos aproximadamente. As entradas seguen á venda no Restaurante A Marquesa, no Restaurante Mis en Plas e en https://ataquilla.com
O baúl do mago
Grazas ao programa Nadal pola provincia, financiado pola Deputación de Lugo este venres, 28 de decembro, chegará á Praza do Concello de Burela O baúl do mago para desfrute de pequen@s e maiores. Haberá pases ás 11:30, 12:00, 12:30, 13:00, 16:30, 17:00, 17:30, 18:00, 18:30 e 19:00 horas. A entrada será de balde.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



