Ribadeo, 12 de decembro de 2018. O programa Aquí?… coma de 20!!! está a preparar unha árbore de Nadal moi especial e pide axuda. Ademais desde o departamento de Servizos Sociosanitarios informan que do 7 de xaneiro ao 31 de maior terá lugar nas parroquias unha nova edición da actividade denominada Envellecemento activo.
Desde a Área de Servizos Sociosanitarios explican: “en primeiro lugar compartir con todos e todas vos un proxecto común para o que precisamos axuda. Estamos a ganduxar para facer unha árbore de Nadal, o tempo corre e temos ata o 22 de decembro para telo listo. Todas aquelas persoas que estean interesadas en colaborar deixámosvos un contacto para toda a información que precisedes. Contactade con Susana Álvarez, a dinamizadora sociocultural do Concello de Ribadeo no teléfono 652984054”.
Ademais este departamento municipal anuncia que o próximo 7 de xaneiro e ata o 31 de maio desenvolverase a actividade de Envellecemento activo nas parroquias cos seguintes horarios e lugares de celebración:
Luns: Vilaselán
Lugar: Escola de Vilaselán
Horario: 17:30 A 18:45
Martes: Santalla
Lugar: Teleclub
Horario: 15:30 A 16:45
Xoves: Rinlo e Cinxe
Rinlo: Escola de Rinlo
Horario: 15:30 A 16:45
Cinxe: Escola de Cinxe
Horario: 17:00 A 18:15
Venres: Remourelle e Vilela
Remourelle: Escola de Remourelle
Horario: 15:30 A 16:45
Vilela: Escola da Pena
Horario: 17: 00 a 18:15
Esta actividade será impartida por Héctor Peña.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



