Burela, a 14 de decembro de 2018.- O Grupo Municipal Popular de Burela anunciou hoxe que vén de presentar un escrito dirixido ao alcalde burelés no que solicita “a suspensión do procedemento iniciado na sesión plenaria da corporación o pasado 29 de novembro para a contratación do servicio de recollida de residuos sólidos urbanos, limpeza viaria e de praias; así como para a xestión do punto limpo”.
A xuízo dos populares, “tal e como dixemos no pleno indicado na Memoria xustificativa do órgano contratante asinada polo alcalde hai elementos sobrados que nos motivan a pensar que a nova adxudicación que se pretende facer vai ser bastante máis cara para os cidadáns e para o concello sen ningún motivo aparente. Cómpre lembrar que o propio alcalde vén reiterando que o actual servicio é moi bo, mesmo modélico; e, por riba, na indicada Memoria non se detallan as melloras que se pretenden introducir nin se fala de aumento de plantilla. O encarecemento do prezo de licitación, descontando o tratamento dos biorresiduos, é dun 15’23% máis alto que o do procedemento que rematou coa adxudicación a GESECO. Ou sexa, 109.684’93 euros máis caro ao ano. E, en relación co importe da adxudicación a GESECO, o prezo de licitación é un 25’63% máis alto, ou sexa, 169.260’29 euros anuais máis caro”.
Desde o Grupo Municipal Popular alertan de que “cos criterios de solvencia das empresas que se presenten fixados na Memoria de alcaldía, queda moi restrinxida a posibilidade das empresas para presentarse, o que pode repercutir negativamente nos intereses do Concello e da cidadanía”.
Por outra banda, os edís do PP apuntan que “os criterios de valoración subxectivos das ofertas que se presenten, onde non se fixa ningún tipo de criterio a seguir, van supoñer o 45% do total da valoración das ofertas. Así, entendemos que isto vai condicionar considerablemente a adxudicación e incluso podería darse o caso de que a oferta gañadora sexa a máis cara para o Concello”.
Os populares consideran que “non hai garantías suficientes, ao noso xuízo, de que se evitan posibles conflitos de intereses entre empresas. Polo que entendemos que o procedemento que agora arranca podería nacer viciado. E hai que lembrar que o alcalde ten a obriga, segundo o artigo 64.1 da Ley de Contratos del Sector Público, de establecer medidas para garantir a absoluta ausencia de tales conflitos en aras de evitar posibles conductas empresariais anómalas”.
Solicitude
Desde o Grupo Municipal do PP explican que no indicado escrito solicitan a adopción das medidas pertinentes para favorecer a presencia de empresas para acadar vantaxes para o Concello e a veciñanza e que se leve a cabo unha valoración obxectiva das ofertas que se presenten. Igualmente os populares piden a redución e o equilibrio do prezo de licitación consonte ao servizo que se vén prestando; xa que a xuízo do propio alcalde é modélico, como ten dito en reiteradas ocasións mesmo nos medios informativos. Finalmente, solicitan que se garanta a ausencia de conflitos de intereses en cumprimento do artigo 64.1 da Ley de Contratos del Sector Público e demais normativa ao respecto.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



