Foz, 8 de xaneiro de 2019. A basílica de San Martiño de Mondoñedo, en Foz, recibiu 26.993 visitas durante o ano 2018, 1.500 máis que en 2017. O alcalde focego, Javier Jorge Castiñeira, subliña que se seguen batendo récords.
“Desde o Concello de Foz volvemos estar moi satisfeitos cos datos que nos reporta San Martiño de Mondoñedo, concretamente as cifras das visitas do ano 2018, que foron exactamente 26.993 persoas as que visitaron San Martiño, 1.500 máis que no 2017”, anunciou hoxe o rexedor, que salienta que “séguense batendo récords e eu creo que son moitas as cousas que levan a ter estes datos. Ademais de ter un servizo de guía e de atención diaria en San Martiño, son moitos os eventos e as circunstancias que están a mellorar os datos ano tras ano”.
O alcalde sinala que “como dato exemplar o día que máis visitantes houbo foi a 16 de agosto, con 597 visitantes. Coincide tamén que agosto é o mes de máis visitas, con 8.604”.
Javier Castiñeira explica ademais que “o perfil dos visitantes é moi variado, de máis de 37 nacionalidades diferentes, incluso xente de Australia, de Nueva Zelanda, de Túnez. Para moita xente que ven á Mariña unha visita obrigada é San Martiño de Mondoñedo”.
O rexedor focense destaca que “o inicio da actividade do centro de interpretación de San Martiño, que ten unha aceptación moi boa, axuda a que a satisfacción na visita sexa moitísimo maior. A verdade que é un complemento perfecto ter un centro de interpretación que explique a historia tan importante de San Martiño. Tamén a realización de eventos diferentes, entre eles as charlas e os talleres impartidos por xente importante e por historiadores como Manuel Castiñeiras ou restauradores como Blanca Besteiro. E os eventos culturais que hai arredor de San Martiño, como pode ser o encontro internacional de corais que se fai en xuño, e tamén o Festival Bal y Gay que se celebra en agosto, fan que San Martiño sexa un complemento perfecto para moitas actividades e que ademais a xente aproveite para facer esas visitas”.
Castiñeira fai fincapé en que “estamos de enhoraboa porque seguimos incrementando as visitas a San Martiño cun novo récord, pois case 27.000 persoas nos visitaron o ano pasado. O obxectivo é seguir promocionando San Martiño e darlle a enhoraboa a todos aqueles que o fan posible, especialmente a Silvia Blach, que é a responsable do centro de interpretación de San Martiño e quen verdadeiramente ten os méritos de que ese servizo sexa moi ben valorado polos turistas. Así que estamos contentos e satisfeitos xa que San Martiño segue dándonos grandes éxitos nas visitas turísticas de Foz”.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



