Viveiro 8-1-18. O BNG de Viveiro amósase sorprendido e preocupado dunha alcaldesa que non é capaz de dar solución aos problemas do Concello e de como ataca a outras forzas políticas e colectivos veciñais por moverse e traballar en prol dos intereses da veciñanza do pobo.
O BNG de Viveiro comezaba rexistrando o 23 de xuño de 2017 no Concello de Viveiro, unha petición formal detallada sobre a situación das obras recollidas no convenio asinado polo Concello e a Xunta en setembro de 2016 que incluía a sustitución do emisario, a mellora da rede de saneamento e as melloras na EDAR. Tamén solicitamos os prazos previstos para o comezo das obras da substitución do emisario de Viveiro, sen que a día de hoxe 8 de xanerio de 2019 tivesemos resposta por parte do Concello.
A cronoloxía das accións levadas polo BNG neste tema inclúe a concentración na Praza do Náufrago de Celeiro (11/02/2018); reunión coa eurodeputada do BNG Ana Miranda para levar a cuestión ao Parlamento Europeo (14/02/2018); preguntamos no Parlamento Galego onde o Director de Augas de Galicia acusa ao Concello de non dispor de autorización de Costas (23/03/2018); un mural reivindicativo xunto coa veciñanza (11/06/2018) e agora, impulsamos esta recollida de sinaturas que resultou
ser un éxito onde participou unha trintena de colectivos (07/01/2019). Con todo isto o BNG deixa claro que se trata dun traballo constante que tras ano e medio de accións evidencia a única resposta da alcaldesa, onde chama “intereses partidistas” ao traballo constante ao que non están acostumados na corporación municipal.
Se o BNG non dispón de información directa do Concello é porque esta foi negada non seu momento, máis iso non implica o descoñecemento, pois o traballo parlamentar do BNG, o acceso público ao Convenio e outros documentos, anuncios de prensa e o contacto coa veciñanza permítenos coñecer a situación actual.
Rexeitamos que o Concello non sexa corresponsable do retraso na execución das obras xa que o convenio resalta que o Concello é responsable de “dispor dos terreos, e asumir as xestións pertinentes para obter os permisos necesarios”. En febrero de 2018, en resposta á pregunta formulada polo BNG no Parlamento Galego, Augas de Galicia declara carecer de permiso de Costas. O Goberno Municipal amosouse sorprendido da falta deste permiso, ignorando este feito e tratando novamente de eludir a súa responsabilidade. Non foi pois até abril de 2018, 20 meses despois da sinatura, cando o Concello obtén os permisos de Costas.
Queremos volver a agradecer aos colectivos asinantes do “Manifesto pola Rexeneración da Ría”, así como a todas e todos os participantes nos diferentes actos realizados no tempo, e sinalar como finalmente a presión social obtén resposta, aínda que consideramos que foi moi negativa xa que uha alcaldía deberá estar do lado da maioría plural e diversa, que miran dunha ría que é de todas. Dixémolo, dicímolo e dirémolo: “A ría non é un vertedoiro”.




















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



