Lugo, 25 de xaneiro de 2019. O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, informou este venres que o Executivo da Deputación aprobou en Xunta de Goberno o inicio da contratación de obras por valor de 1 millón de euros para mellorar 15 quilómetros de 5 estradas en outros tantos municipios da provincia. Son actuacións nos Concellos de Baleira, Riotorto, Antas de Ulla, Guitiriz e Friol, e das que se beneficiarán milleiros de veciños pois son vías estratéxicas tanto a nivel municipal, como provincial. Cómpre subliñar que os traballos poderán arrancar, logo de seren adxudicados, cando a situación meteorolóxica o permita xa que, con choiva, non se poden iniciar. Estas son:
– En Baleira, melloraranse 3 quilómetros da LU-P-0403, entre os puntos 0,9 e 4, con 140.000 euros. Trátanse de obras que se engaden ás xa executadas nesta vía entre os puntos 4,5 e 5,8, e que contaron cunha inversión da Deputación superior aos 75.000 euros. Son actuacións que benefician de xeito directo a uns 400 veciños da zona, así como a ducia de cidadáns que empregan a vía para ir ao polígono do Cádavo, ou para desprazarse dende Baleira á Fonsagrada e Castroverde. Con estes traballos, esta vía quedará totalmente renovada.
– En Riotorto, acondicionaranse 2 quilómetros da LU-P-2801 que comunica Riotorto con Lourenzá por Augaxosa, con 140.000 euros. Trátase do derradeiro treito desta estrada, que vai do punto 8,2 e 10,2, que quedaba por mellorar desta vía. A través destas actuacións, mellorarase o día a día de máis de 3.500 veciños da Mariña, dos Concellos de Riotorto e de Lourenzá, xa que é unha das vías de acceso a estes dous núcleos mariñáns.
– En Antas de Ulla: rehabilitaranse 1,5 quilómetros da LU-P-0302, entre os puntos 0,2 e 4,8, con 250.000 euros. Hai comprometidos traballos de 43.000 euros nesta mesma vía, entre os punto 4,8 ao 6,3, que comezarán cando a situación climatolóxica o permita. É a vía que vai de Antas de Ulla de Santa Mariña ao Límite Provincia de Pontevedra.
– En Guitiriz: rehabilitaranse 3,1 da LU-P-2301, entre os puntos 1,9 e 5,1, con 237.000 euros. É a vía que une o núcleo urbano de Guitiriz co Barrio do Merendero. Trátanse de obras que se engaden ás xa executadas entre os puntos 5 e 7,4 e que contaron cunha inversión da Deputación superior aos 165.000 euros. Son actuacións que se realizan nunha das estradas máis importante do municipio, que posúe moito transito pois une os núcleos dos Vilares, Buriz e Labrada, nos que hai unha grande actividade agrogandeira. Con estas actuacións, esta vía quedará totalmente renovada.
– En Friol: acondicionarase un treito de 2,2 quilómetros da LU-P-1611, entre os puntos 47,7 e 49,9, con 200.000 euros. Trátase do chamado cinturón comarcal, no que xa se executaron melloras no entre os puntos 46,8 e 47,7. É a vía que rodea á capital lucense, que vai dende o núcleo de Friol cara o polígono industrial de Begonte, á parroquia de Ousá. Complementa a estrada da Xunta que ven de Palas e que se emprega polos veciños de Palas e Friol cara a A-6.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



