Viveiro 18-1-19. As obras, cun orzamento previsto para a obra de 38.310,62 €, consisten na mellora da pavimentación, reposición de rede de saneamento, reposición de rede de augas pluviais, reposición de rede de abastecemento de auga potable, saneado de rede de alumeado público, dotación de canalización para o subministro eléctrico, dotación de canalización de telecomunicacions.
Con motivo destes traballos, a partir do luns 21 de xaneiro e durante o tempo de duración da obra, cortarase a Rúa Grande entre a intersección coa rúa Arribada e o nº 104, sendo a rúa Arribada de doble sentido regulado por semáforos. Durante a duración destas obras queda prohibido o aparcamento na rúa Arribada. Lémbraselles aos veciños con garaxes entre os números 96 e 104 da Rúa Grande que, se o desexan, poden retirar os seus vehículos antes do inicio das obras para poder facer uso deles. Os propietarios de garaxes no tramo da Rúa Grande comprendido entre a intersección coa rúa Arribada e o número 96 poderán acceder aos seus garaxes (pois a rúa quedará cortada ao tráfico permitindo o acceso a residentes).
Dende o Concello de Viveiro pídense desculpas polas molestias que se poidan ocasionar, indicando que a Policía Local estará a disposición dos afectados informando de calquera cuestión relacionada co corte de tráfico referido.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



