Ribadeo, 30 de xaneiro de 2019. Acisa Ribadeo desenvolverá a súa campaña de San Valentín entre os días 2 ao 14 de febreiro. Nesta edición sorteará 19 ceas para dúas persoas, xentileza doutros tantos restaurantes da localidade.
As persoas que realicen as súas compras nos establecementos asociados a Acisa ao longo dos vindeiros días recibirán papeletas para cubrir cos seus datos e un número de teléfono de contacto. Deste xeito entrarán no sorteo das 19 ceas. O día 15 de febreiro entregaranse, por parte dos comercios, as papeletas cubertas aos membros da oficina de Acisa Ribadeo. Ese mesmo día procederase a sortear as 19 ceas para dúas persoas. Notificaráselle ao gañador ou gañadora mediante chamada telefónica, e tras tres intentos, no período de trinta minutos, pasarase a volver a sortear no caso de non obter resposta.
As ceas sortearanse individualmente e os premios non son acumulativos. Ningunha cea quedará deserta e o listado de premiad@s farase público o mesmo día 15. Os/as premiados/as deberán pasar polas oficinas de Acisa Ribadeo o 15 de febreiro, antes das 20:00 horas, na rúa Viejo Pancho, 13-baixo, para recoller o vale que lles permita disfrutar deste romántico agasallo.
As gañadoras e gañadoras poderán gozar das ceas o 16 de febreiro nos restaurantes doadores que son: Asador A Quinta, Parador de Turismo de Ribadeo, San Miguel, O Cabazo, Marinero, A Dorada do Cantábrico, O Lar de Manolo, O Tumbín, Hotel Restaurante Javier Montero, La Villa, Cayo Coco, Porta Norte, Costa Verde, La Lira, La Solana, Bar Galicia, El Rincón del Gordo e Galipizza. Éste último local ofrecerá dúas ceas.
O presidente de Acisa Ribadeo, Francisco Iriarte, comenta que “estamos moi contentos porque é unha campaña que gusta a todos, tanto a clientes como a socios, e este ano pasamos de sortear dez ceas noutras edicións a dezanove esta. É unha campaña que está pensada para unir o comercio e a hostalería”.
E pola súa banda, o xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Jesús Pérez, agradeceu “a colaboración aos establecementos que nos doaron as ceas posto que coa súa implicación os premios desta campaña son máis importantes”.
Asemblea Xeral Acisa
Acisa Ribadeo celebrará a súa asemblea xeral ordinaria mañá, 31 de xaneiro, ás 20:30 horas no salón de actos da antiga Casa Sindical. Once son os puntos que figuran na orde do día, entre os que se atopan, a conta xeral de ingresos e gastos do pasado exercicio, o presuposto para 2019, análise e valoración das actividades realizadas ao longo de 2018, informe da programación para este ano, días festivos e domingos de apertura en 2019 para o comercio e a ampliación de horarios para hostalería e a celebración do 30 aniversario de creación da asociación ribadense.
Desde a presidencia e a xerencia de Acisa fan unha chamada á participación de todos os socios e socias nesta asemblea “xa que se van tratar temas moi importantes e porque este é o foro e o lugar onde debemos debater e dialogar sobre os asuntos da nosa asociación”.
























A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



