Burela, 8 de xaneiro de 2019. O alcalde e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, mantivo esta mañá un encontro en Compostela coa conselleira do Mar, Rosa Quintana, e coa directora xeral de Pesca, Mercedes Rodríguez, para falar da Feira Náutico Pesqueira que se celebrará en Burela en maio. Na xuntanza, na que tamén participou o xerente da Fundación Expomar, José Manuel González, abordáronse cuestións como a temática que centrará as xornadas técnicas de pesca, as presentacións que se realizarán deste evento, o apoio económico da Xunta de Galicia e a posible celebración en Burela eses días do Consello Galego de Pesca. Llano saíu satisfeito deste encontro.
O presidente da Fundación Expomar explicou que “nos desprazamos a Santiago co fin de manter unha reunión na Consellería do Mar, tanto coa conselleira Rosa Quintana como con Mercedes Rodríguez, que é a directora xeral de Pesca. Tivemos unha xuntanza moi gratificante para favorecer á Feira Náutico Pesqueira Expomar 2019”.
Alfredo Llano sinalou que “nosoutros levábamos unha previsión de formalizar con eles que nos fixeran algunha proposta para este ano para as xornadas, e tamén para outras cousas. Para as xornadas técnicas fan unha proposta que nos parece boa como é a comercialización, a industrialización e a calidade e tamén é posible que se fale do brexit. Tamén falamos da formación profesional, para que haxa máis circulación e motivación para dedicarse ao sector pesqueiro e que haxa unha garantía do relevo xeracional. Neso estamos de acordo, en favorecer nas xornadas técnicas ese tipo de charlas e conferencias. Tamén analizamos os posibles actos de presentación a realizar da feira, imos intentar facer unha en Santiago”.
O rexedor burelés cre que “tivemos un acerto grande este ano desde a comisión de Expomar, xa que plantexamos que fixeran, paralelamente á Feira Náutico Pesqueira, o Consello Galego de Pesca da Xunta de Galicia. Parécenos moi interesante dado que aí se concentra aquilo que interesa máis ao sector, ademais sacarán as súas conclusións en Burela, e parécenos moi importante que estean alí e fagan ese Consello coincidindo coas datas de Expomar. A conselleira quedou de miralo esta semana xa e eu penso que é fácil que sexa en Burela. Isto fortalecería o que é a filosofía de Expomar, e daríalle un empuxe importante. Coincidiría co encontro empresarial e as conclusións que se poden sacar en Burela poden ser definitivas e realmente importantes para o sector”.
Alfredo Llano engadiu que “tamén estivemos falando do apoio económico e institucional. Nese aspecto non hai ningún problema, a verdade é que hai que recoñecer que a Consellería do Mar sempre se portou extraordinariamente ben coa feira Expomar e segue nesa liña, polo tanto estamos agradecidos de que se siga esta boa relación que existe. O apoio económico e institucional vai ser na liña que xa se fixo noutras edicións. Estamos conformes e saímos moi satisfeitos. Polo tanto imos seguir traballando para que esta edición da Feira Náutico Pesqueira de Expomar sexa realmente importante para o sector, para a comarca e para Burela”.























A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



