Mondoñedo, 8 de xaneiro de 2019 .- O Goberno local vén de aprobar as bases reguladoras e convocatoria da fase XVI das subvencións para a rexeneración e renovación urbana na área de rehabilitación do Casco Histórico de Mondoñedo e Barrios Históricos de San Lázaro e os Muíños.
As bases teñen por obxecto regular a concesión das subvencións destinadas a financiar os gastos derivados das actuacións de rexeneración e renovación urbana na Área de Rehabilitación do Casco Histórico de Mondoñedo, con cargo aos convenios asinados polo Concello para tal obxecto, no marco do Plan Estatal de Rehabilitación Edificatoria 2018 – 2021 e a Resolución do 3 de agosto de 2018, pola que se regula o procedemento para a participación no programa de fomento de rexeneración e renovación urbana e rural do Plan Estatal de vivenda 2018-2021.
Obrigas dos beneficiarios
Os beneficiarios deberán realizar a totalidade das actuacións de rehabilitación para as que se concedeu a axuda e destinar a vivenda a domicilio habitual, entre outras obrigas.
A concesión de subvencións será en réxime de concorrencia non competitiva, mentres que a selección de beneficiarios será por orde de entrada en calquera dos medios legais dispoñibles para a entrega de documentación na administración pública que conte cun rexistro de entrada con data e hora. Terán preferencia aquelas solicitudes que presenten de forma completa a documentación esixible.
A contía das subvencións será do 40% do custo das actuacións subvencionables. A contía máxima das axudas será a establecida no artigo 29.2 do Real decreto 106/2018.
Asesoramento da Oficina de Rehabilitación
Poderá solicitarse unha visita de inspección técnica previa á solicitude oficial das axudas, co fin de asesoramento. Os técnicos da Oficina de Rehabilitación realizarán a visita para comprobar o estado da edificación e asesorar ao particular sobre as posibilidades de mellora e rehabilitación dos inmobles.
As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello de Mondoñedo, ou por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas. Poderán tramitarse dende o día seguinte á publicación destas bases no BOP ate o prazo de finalización do convenio ou ata o fin da financiamento.
As obras deberán executarse no prazo máximo establecido na cualificación provisional das axudas, é en todo caso deberán estar rematadas antes do fin da vixencia do Plan Vivenda 2018-2021. Poderanse acollerse ás axudas as actuacións iniciadas con posterioridade a 1 de xaneiro do ano da convocatoria en curso, pero que non estean finalizadas á data da presentación das solicitudes por parte dos interesado no período establecido ao efecto.
As achegas destinadas a estas subvencións nesta nova fase superan os 207.000 euros.




















O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



