Viveiro 21-1-19. O BNG de Viveiro convocou unha rolda de prensa para dar conta aos medios de información e a nosa veciñanza do balance sobre o traballo que realizamos ao longo do ano 2018 co ánimo de dar resposta ás demandas e preocupacións das veciñas e veciños e co obxecto de aportar solucións para mellorar o noso concello, xa que aínda que nos vimos obrigad@s a traballar desde fóra da corporación municipal o Bng nunca deixou de estar comprometido coa veciñanza de Viveiro e nunca se quedou nin quixo quedarse á marxe da política municipal e dos problemas que padece o concello e que sufrimos a diario as súas veciñas e veciños.
Desde o BNG pensamos que, a pesares das dificultades coas que nos enfrontamos para realizar o noso traballo político desde fóra da institución municipal, fomos quen de poñer o foco nos principais problemas do concello e nas preocupacións e inquedanzas da veciñanza e fumos quen de facer unha “oposición construtiva desde a rúa” para dar resposta aos mesmos, porque cremos e apostamos por un modelo de vila viva e dinámica e con futuro para as novas xeracións, polas que estamos convencidas de que merece a pena loitar arreo e, é por isto fundamentalmente, polo que o Bng non entende a pasividade e o desinterese do goberno municipal de María Loureiro que ven amosando ante a práctica totalidade de iniciativas presentadas no concello polos nacionalistas, e nin que dicir ten a actitude negacionista da Xunta do PP ante as nosas reivindicacións e demandas, as cales consideramos que son propostas todas elas feitas en positivo e positivas para Viveiro porque se fan eco das demandas, preocupacións e queixas das nosas veciñas e veciños e son propostas que intentan aportar solucións, e non poñerlle paos na roda, ao goberno municipal. O Bng lamenta que o goberno do psoe perdera a oportunidade de darlle resposta ás demandas da veciñanza, e que so obtivera e obteña o seu silencio e menosprezo e nas últimas semanas incomprensiblemente descalificacións e saídas de tono da alcaldesa ante algunhas das iniciativas impulsadas pola nosa organización durante o 2018.
Pásolle agora a palabra á compañeira Miriam que vos vai falar de xeito resumido das iniciativas, propostas e accións levadas a cabo en materia de sanidade, medioambiente, igualdade, memoria histórica e política cultural, e pechará o compañeiro Seve falándovos sobre as accións desenvoltas polo Bng en materia de infraestruturas viarias, urbanismo e industria.
Miriam:
En primeiro lugar cabe recordar que moitas das iniciativas, demandas e actuacións realizadas polo Bng de Viveiro foron na defensa da Sanidade pública de proximidade e de calidade e na loita pola recuperación deste dereito básico e innegociable. Por outra banda o Bng, ante a situación de degradación medioambiental e problemática económica e social que sufren a Ría e da Praia de Covas desde hai décadas desenvolveu, e seguirá desenvolvendo, diferentes iniciativas co fin de reclamar o saneamento integral da nosa ría para recuperala como motor económico, social, ambiental e turístico de Viveiro e colaborou cos movementos veciñais na defensa pola rexeneración da Praia de Covas. Asimesmo, dentro das preocupacións medioambientais da nosa organización pola situación de olvido e abandono dos nosos montes e a riada que sufriu Viveiro no mes de novembro fixo que o Bng preguntara ao goberno da Xunta, a través do seu grupo parlamentar, sobre as causas da riada e a limpeza do río que asolagou Xunqueira e causou a morte dunha veciña.
O Bng de Viveiro consciente do aumento da violencia machista, consecuencia esta da desigualdade amparada polo sistema patriarcal, apoio e participou en numerosas mobilizacións convocadas polas plataformas feministas e presentou iniciativas ao goberno de María Loureiro para condenar con contundencia o machismo e a xustiza inxusta e na defensa pola igualdade real entre mulleres e homes. No ámbito da Lei pola recuperación da Memoria histórica o bng non quixo deixar pasar a oportunidade de apoiar a Galiza Nova e a comunidade educativa do CEIP de Celeiro para a retirada do nome do fascista A Pedrosa Latas deste centro de ensino público e solicitou o apoio do concello de Viveiro para os 19 de Meirás, activistas para os que pide a Fundación Francisco Franco e a familia Franco ata 247 anos de cadea por unha acción simbólica e pacífica para reclamar a devolución do Pazo de Meirás para o pobo, apoio que ata o día de hoxe non recibiron por parte deste concello.
A política cultural municipal debería ser un dos eixos centrais do programa de calquera goberno municipal e ademais debería facela extensiva a todo o termo municipal, para facer isto último posible o Bng propuxo a creación dunha rede de centros socioculturais municipais para optimizar o uso racional e eficiente e o equipamento e patrimonio cultural de titularidade municipal. Dentro deste mesmo ámbito cultural e patrimonial o Bng de Viveiro ademais de propoñer ao goberno municipal a recuperación e conservación de patrimonio emblemático do concello propúxolle, sen éxito, á alcaldesa que o concello declarase o 24 de febreiro, día no que naceu a figura máis importante do primeiro renacemento galego, Día de Rosalía de Castro, para poñer en valor a nosa lingua, a nosa identidade e a figura da nosa escritora máis universal, en definitiva para preservar o noso patrimonio cultural e a nosa propia historia. A proposta, por certo, caeu en saco roto.
Seve:
En materia de infraestruturas viarias e urbanismo desde o Bng defendemos o tren de proximidade e por iso nos mobilizamos, xunto coa veciñanza e compañeiros, alcaldes e alcaldesas do Bng das Comarcas de Ferrol, Ortegal e A Mariña, para denunciar o desmantelamento que ven sufrindo dende hai tempo o servizo de FEVE, un servizo esencial para a vertebración e desenvolvemento económico e social do noso país e demandarlle á Xunta e goberno estatal investimentos para a súa mellora.
Por outra banda, presentamos numerosas iniciativas para exixir melloras e acondicionamento de estradas de ámbito local, comarcal e autonómico, ao seu paso polas parroquias do termo municipal, e propuxemos a posta en marcha dun plan de supresión de puntos negros existentes ao largo e ancho do concello que poñen en perigo diariamente á veciñanza, así como numerosas medidas que contribuirían a rebaixar a siniestralidade na travesía de Covas, ao mesmo tempo que reclamamos medidas de seguridade nas edificacións en estado ruinoso do concello, e propuxemos ao goberno municipal, ademais, medidas a desenvolver no casco urbano para camiñar cara un modelo de vila habitábel, saúdabel, segura, integradora e limpa e apostamos polo noso comercio local e así o apoiamos.
E por último pero non por iso menos importante, senón todo o contrario, o Bng de Viveiro, dentro da campaña desenvolta a nivel nacional pola nosa organización contra o tarifazo da luz ás galega e galegos, levamos a cabo unha recollida de sinaturas no mes de decembro contra esta estafa eléctrica, para demandarlle á Xunta do PP a adopción de medidas prácticas para a diminución do prezo da mesma, como son unha tarifa eléctrica propia para Galiza, das que se beneficiarían as familias e empresas asentadas no territorio galego, como é o caso de Alcoa e como xa están a beneficiarse as empresas do País Vasco a través da súa tarifa diferenciada.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



