O acordo acadado polo PP, Cs e Vox para gobernar Andalucía amosounos o grao de consenso real da Santa Alianza da dereita extrema, unha e tripla a respecto da axenda a impornos, que recolle grande parte das propostas reaccionarias de Vox : recurtes nas políticas sociais e de igualdade de xénero, política antinmigración e substancial recurte do autogoberno.
A ofensiva tripolar da Santa Alianza resposta basicamente ao obxectivo de recentralizar o Estado suprimindo a autonomía política e mantendo as CC.AA. como Mancomunidades provinciais para a xestión administrativa desconcentrada. Para Galicia é a peor das escollas, a que garante a súa pobreza, dependencia e irrelevancia.
Para máis, a ofensiva coincide coa substancial mutación implícita que sofriu o marco constitucional-estatutario nos últimos tempos. Dende a Sentenza do Tribunal Constitucional que anulou substancialmente o Estatut catalán de 2006 e, sobre todo, dende a aplicación, no outono de 2017 e inducida directamente polo Xefe do Estado, do 155 que converteu un mecanismo xa desaquelado na orixe, de limitación temporal e sectorial do autogoberno, nun estado de excepción que derroga este autogoberno. Derrogación que hoxe o tripartito da dereita (co apoio de parte do PSOE) quere facer eterna.
O perigo é inminente. Estamos a falar, non só do dereito a decidir, senón do dereito a un autogoberno limitado, hoxe negado de facto polas propostas da dereita tripolar e extremista, así como dos dereitos fundamentais e das políticas de cohesión e inclusión social e de igualdade de xénero, que queren limitar substancialmente, cando non suprimir. Cómpre reaxir.
E, malia que sexa comprensíbel que, para as eleccións europeas, os partidos da España plurinacional preparen cadansúa coalición (ERC con BNG e EHBildu no ámbito da Alianza Libre Europea, PNV co PdeCat e Compromiso por Galicia no ámbito do Partido Demócrata Europeo e Compromís co Mes das Illes Balears, a Chunta Aragonesista e outros, que mesmo gostarían integrar En Marea) os tempos esixen moita máis unidade, moita máis estratexia local-nacional, estatal e europea e menos partidos, como teñen sinalado nas últimas semanas Xosé Antón Jardón ou Ramón Cotarelo.
De certo que unha coalición unitaria de forzas soberanistas e cosoberanistas para as eleccións europeas é unha solución intelixente, malia que ben difícil. Porén, como adoita dicir Morgan Freeman, nunca poderemos saber que algo se podía facer até que alguén o faga.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



