Viveiro, 22.01.2019. Afundación, a Obra Social de ABANCA, organizou unha charla – coloquio sobre consellos para vivir en saúde no seu Espazo +60 de Viveiro (avda. Mariña, 49) impartida por Lucas Requejo. Celebrarase mañá mércores 23 de xaneiro, a partir das 18.30 h, con entrada libre e gratuíta.
Lucas Requejo emprendeu varios proxectos ligados á alimentación, á educación, á investigación e á divulgación. Colabora con diversos grupos de profesionais, nutricionistas, cociñeiros e grupos de investigación. Na charla, Lucas compartirá cos asistentes coñecementos que favorezan a nosa saúde, a importancia da hidratación, onde atopar proteínas, que alimentos son bos para os ósos, a vitamina D e a mobilidade.