Burela 28-1-19. O Pescados Rubén Burela FS dá un paso máis na súa aposta polo gran soño laranxa. O ala gaditano José Antonio Macías Pérez, Joselito, chega como reforzo invernal do líder de Segunda LNFS en calidade de cedido, desde o Palma Futsal. Ambas as entidades, unidas por unha excelente relación, chegaron a este acordo, ata final de tempada.
Aos seus 26 anos, Joselito recala nas filas mariñás cunha mestura explosiva de mocidade e dilatada experiencia en Primeira División, no club insular, desde idade xuvenil.
Esta tarde, coñeceremos as primeiras sensacións de Joselito en Burela, na súa presentación oficial.